GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos abertos

24 horas galego fullscreen

24 horas galego fullscreen

Creado e xestionado por GalegoLab | 4 de xuño ás 17:39

Etiquetado como video, concurso, eufalo.tv

Trátase facer un vídeo de 5 minutos como máximo no se resuman as 24 horas de conduta lingüística dun falante de Galicia.
Galegolab colabora con Eufalo.TV ( http://www.eufalo.tv ) para convocar un concurso audiovisual. Trátase facer un vídeo de 5 minutos como máximo no se resuman as 24 horas de conduta lingüística dun falante de Galicia. En cada imaxe irá referenciada a hora exacta (ou período horario) no que foi gravada a imaxe.

O premio terá unha contía de 300 euros. Ese premio será o concedido por un xurado de expertos elixido por Galegolab. Haberá tamén un premio do público formado por seis voluntarios da comunidade de usuarios de Galegolab, que será unha serigrafía de Antón Patiño co logo de Galegolab.
24 horas galego fullscreen

Cales son as necesidades

- 300 euros para o premio do xurado de expertos.
- 6 voluntarias/os para o xurado puplar.

23/06/10: ENGADIMOS RECURSOS NECESARIOS PARA A PROMOCIÓN:

- Un deseño para un cartel anunciador do concurso, sinxelo pero bonito e impactante e en B/N, para que cadaquén o poida imprimir na casa sen que lle custe moito. É urxente. Ademais de comprometelo aquí tedes que envialo a info@galegolab.org.

- 20 persoas que se comprometan a imprimir e colocar 10 carteis cada unha, en bares ou outros lugares de lecer para xente nova. Tamén en institutos e escolas de imaxe e son e en calquera lugar que consideredes.

25/06/10 XA TEMOS CARTEL DE PROMOCIÓN

Grazas ao usuario Daniel Landesa, xa temos cartaz para que o poidades imprimir e distribuír (non esquezades comprometervos a facerlo na parte de recursos). Ten algo de cor pero funciona perfectamente en B/N para quen só o poida imprimir así.

Podédelo descargar en pdf aquí: http://galegolab.org/web/media/ideas/adxunto/24horasgalego.pdf

Cales son os obxectivos

- Estimular a creación artística.
- Estimular o uso do galego por xente que non está moi afeita a usalo.

O básico: cando, onde, para quen...

Participación aberta a todo o mundo.

Cal é o prazo de execución

O 15 de xullo é o día límite para recibir as achegas económicas para o premio.

Nese momento ábrese o prazo de recepción de vídeos que durará ata o 10 de setembro.

A miña propia contribución

- Dirección artística

Algo máis que dicir?

A imaxe asociada e da autoría de jontintinjordan coa licenza que aparece no seu flickr: http://www.flickr.com/photos/jontintinjordan/3736895514/

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    GalegoLab contestou unha pregunta realizada en 24 horas galego fullscreen

    19 de xullo ás 12:14

    Nel realizou unha achega ao proxecto 24 horas galego fullscreen

    20 de xullo ás 10:20

    GalegoLab contestou unha pregunta realizada en 24 horas galego fullscreen

    20 de xullo ás 10:22

    Estevo realizou unha achega ao proxecto 24 horas galego fullscreen

    20 de xullo ás 19:02

    GalegoLab contestou unha pregunta realizada en 24 horas galego fullscreen

    21 de xullo ás 11:45

    maria lado realizou unha achega ao proxecto 24 horas galego fullscreen

    27 de xullo ás 10:46

    Caamaño realizou unha achega ao proxecto 24 horas galego fullscreen

    28 de xullo ás 21:22

    Olga Patiño Abeixón realizou unha achega ao proxecto 24 horas galego fullscreen

    28 de xullo ás 21:22

    Carlos Ares realizou unha achega ao proxecto 24 horas galego fullscreen

    17 de agosto ás 16:36

    Carlos David González Bermúdez realizou unha achega ao proxecto 24 horas galego fullscreen

    22 de agosto ás 22:35

Preguntas realizadas sobre este proxecto

O mellor é unha pregunta algo obvia, pero vale un galegofalante de fora de Galicia? 8 de xuño ás 18:31 por Ángel Andrade

Si, pode ser un galegofalante de fóra de Galicia, un galegofalante de Galicia, un castelánfalante que queira probar, ou calquera persoa do mundo que queira probar a vivir 24 horas en galego e gravalo.

Ten que ser documental ou pode ser ficción? 9 de xuño ás 12:45 por Grial Parga

Trátase de reflectir a vida cotiá de quen usa o galego 24 horas nun entorno no que o noso idioma non é habitual, e animar a que o faga a quen non o fai. E a ficción ou é moi boa ou é menos convincente que a realidade. Ou sexa que ti verás.

Aínda que @ prota se exprese só en galego, poden aparecer no vídeo outras personaxes coas que interactúe que se expresen noutras línguas? 10 de xuño ás 12:18 por Óscar Núñez Aguado

Of course ;)

No prazo de execución do proxecto (10 de setembro) xa ten que estar todo decidido (vídeos feitos, premios concedidos, etc.)? 10 de xuño ás 16:47 por Iago González

O 10 de setembro é o prazo máximo que nos poñemos para acadar os recursos necesarios e tamén para que a xente mande vídeos. Pero en canto teñamos acadados os recursos que nos permitan levar a cabo o concurso (isto é, o diñeiro do premio e o xurado popular), será o momento de afinar as datas de todo o proceso.

Pódese contribuír ao proxecto e ao mesmo tempo concursar? Con doazóns, claro está. 10 de xuño ás 23:01 por dorfun

Si. Obviamente ningún dos dous xurados terá en conta que un participante fose ou non doante para o premio. Nin o concursante reclamar a súa parte do premio se non gaña ;) O que si teñen que coidar os voluntarios/as que se ofrezan para o xurado popular é que non teñan ningunha relación con ninguén que participe no concurso. Nese caso terán que renunciar e buscarase outra persoa.

(Isto non é uhna pergunta)

Era ben atualisar o qabesalho e desqrison para referir-se a "un galegofalante" en bes de "un falante de Galicia", tal qomo fiqa aqlarado nas perguntas. 11 de xuño ás 06:03 por Estevo

Pois non debe quedar tan aclarado, pois nas outras respostas falamos de galegofalantes, de castelánfalantes ou de calquera persoa que fale calquera idioma. Do que se trata é de que fale en galego polo menos durante esas 24 horas.

Veña ho! apoiade o proxecto con 5 euriños.... vale máis un cubata!! 13 de xuño ás 18:44 por caralladas

Yeah!

Poderase descargar o cartel desde aquí, para quen o queira imprimir e distribuir sen asumir ser un dos 20 e ter que pegar 10? 24 de xuño ás 15:58 por Xosé M. Pereiro

Si, xa está engadido o enlace no texto, pero tamén o pegamos aquí: http://galegolab.org/web/media/ideas/adxunto/24horasgalego.pdf

COmo é exactamente que se fan aportacións ao premio 14 de xullo ás 19:46 por juanjo

Agora mesmo as achegas económicas para o premio xa están conseguidas, así que non fai falta. :) De todos xeitos, para a próxima, que saibas que se fan a través dun sistema de pagamento por internet chamado Paypal, no que tes que rexistrarte previamente como usuario e meterlle cartos ou asociarlle a túa tarxeta de crédito. De todos xeitos aínda podes colaborar descargando o cartel anunciador, imprimíndoo e pegando un mínimo de 10 copias alá por onde vivas. Moitas grazas polo teu interese e un saúdo.

O cartel que hai agora é o definitivo? Non habería que poñer máis datos como formatos aceptados, data límite de admisión, lugar e forma de presentación, etc.? Cando comeza a colocación de carteis? 19 de xullo ás 11:58 por Manu

Moitas grazas polas túas suxesións, Manu. Ata agora o que había era que conseguir que o proxecto se puidese executar, e o requisito imprescindible era acadar os 300 euros. Ben. Mentres, fomos animando a cousa con este cartaz. Pero agora que está asegurado o premio, é cando se ten que face o anunciamento formal. Estamos con iso. E melloraremos os carteis con máis datos, claro. Pero xa se poden ir poñendo os que hai para enviar aos interesados a esta páxina, onde iremos actualizando toda a información.

(Isto non é uhna pregunta)

Tentei qolaborar qolando qartazes (Qonzelho de Muros) pero non se atualiza a paxina. 20 de xullo ás 04:38 por Estevo

Pois non nos chegou ningunha notificación. Inténtao outra vez, por favor.

Hola! Eu podo poñer os carteis por Salamanca, pero agora mesmo aquí só hai estranxeiros e non sei se paga moito a pena. ¿Qué opinades? 20 de xullo ás 22:53 por Christian Oliveira Alfonso

Ola Christian! Pois ti es o que está alí, ti saberás. Se cadra nalgunha facultade de audiovisual... Os carteis nunca sobran, nunca se sabe quen os pode ver. Pero se vas vir por Galicia este verán mellor que aproveites e os poñas nalgun lugar onde haxa xente que poida falar galego durante 24 horas e gravalo. Graciñas!

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Proxecto

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesita?

Falta o 0% de recursos

300 euros para Achegas para o premio
Conseguíronse: 300 euros

Completado!

dorfun dorfun

Belén Regueira Belén Regueira

Maria Yáñez Maria Yáñez

Xosemiguel Xosemiguel

cesar varela cesar varela

helena helena

Xabier Cid Xabier Cid

Roi Roi

caralladas caralladas

latrica latrica

Eva Wojkiewicz (Catiúsca) Eva Wojkiewicz (Catiúsca)

Estevo Estevo

Rodrigo Yáñez Rodrigo Yáñez

Xosé M. Pereiro Xosé M. Pereiro

Iago Martínez Iago Martínez

Estevoaei Estevoaei

David  Santamaría David Santamaría

Iolanda Ogando Iolanda Ogando

xúlio zé xúlio zé

ronsel ronsel

Inés Inés

Inés Inés

ronsel ronsel

Víctor González Víctor González

Christian Oliveira Alfonso Christian Oliveira Alfonso

Atilano Prusia Atilano Prusia

Berto Yáñez Berto Yáñez

Héctor Anllo Héctor Anllo

Queres contribuír con diñeiro?

20 Persoas que coloquen 10 carteis cada unha: indicade en que zona o ides facer
Conseguíronse: 20

Completado!

Dores S. Alegre Dores S. Alegre (1)

caralladas caralladas (1)

Daniel Landesa Daniel Landesa (1)

helena helena (1)

Ésile Ésile (1)

Estevoaei Estevoaei (1)

Iolanda Ogando Iolanda Ogando (1)

dorfun dorfun (1)

Víctor González Víctor González (1)

Iago Martínez Iago Martínez (1)

Vixía Vixía (1)

Juanjo Vicente Juanjo Vicente (1)

Estevo Estevo (1)

Belén Regueira Belén Regueira (1)

Nel Nel (1)

maria lado maria lado (1)

Olga Patiño Abeixón Olga Patiño Abeixón (1)

Caamaño Caamaño (1)

Carlos Ares Carlos Ares (1)

Carlos David González Bermúdez Carlos David González Bermúdez (1)

Queres colaborar na organización?

6 Membros do xurado popular
Conseguíronse: 6

Completado!

Xosemiguel Xosemiguel (1)

caralladas caralladas (1)

Estevo Estevo (1)

Iago González Iago González (1)

Iago Martínez Iago Martínez (1)

María Pazos María Pazos (1)

Queres traballar no proxecto?

1 Deseño dun cartel A4 en B/N (mais info no proxecto)
Conseguíronse: 1

Completado!

Daniel Landesa Daniel Landesa (1)

Queres dar ou emprestar material?

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza