GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos realizados

Agasallo sincronizado para o mundo

Agasallo sincronizado para o mundo

Creado e xestionado por Eva Wojkiewicz (Catiúsca) | 21 de abril de 2011 ás 18:28

Etiquetado como canción, agasallo, mundo, agarimo

No Día das Letras Galegas fagamos que A NOSA LINGUA se escoite nos cinco continentes mediante un agasallo sincronizado.
PRIMEIRA FASE: ata o día 17 de maio, partindo dunha simple melodía igual para todos, os artistas que queiran farán as súas propias versións postas á disposición de todos.
SEGUNDA FASE: cunha convocatoria colectiva, o día 17 de maio compartiremos as versións preferidas entre os nosos coñecidos, especialmente os que viven fóra de Galicia, para que se escoite o galego en todo o mundo.
A proposta NON É FACER SPAM (envíos masivos indiscriminados) senón ofrecerllo agarimosamente a quen o saiba apreciar. Quen reciba o correo e escoite a canción compartirá un xesto repetido milleiros de veces ao longo de milleiros de quilómetros.
O ano pasado convocouse en dez días un evento do facebook no que participaron case 2000 persoas.

Desta vez podemos ser moitos máis porque nas redes sociais aumentou o número de usuarios e a súa actividade.

No Facebook xa temos este evento: http://www.facebook.com/event.php?eid=142511089155477


A partitura está dispoñible en http://pdfcast.org/pdf/ti-es-dos-meus
Cada quen pode interpretala co ritmo que queira, canta máis variedade mellor, para amosar a fertilidade musical que podemos acadar co noso idioma.
Cada aportación terá que presentarse nun vídeo de aproximadamente 30 SEGUNDOS. As imaxes poderán ser da propia gravación, dunha montaxe posterior (videoclip), unha presentación con fotografías, un lip dub ou calquera forma inventada ou por inventar.

Aquí están a disposición de todos as versións que van chegando: http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo

Cales eran as necesidades

Para aproveitar o potencial das redes sociais precísanse:

1.- Responsable dunha conta en YOUTUBE onde aloxar os vídeos (CONSEGUIDO)
2.- Responsable da difusión en FACEBOOK (CONSEGUIDO)
3.- Responsable da difusión en TUENTI (CONSEGUIDO)
4.- Responsable da difusión en TWITTER (CONSEGUIDO)
5.- Responsable da difusión NOUTROS MEDIOS (CONSEGUIDO)

Cales eran os obxectivos

Os obxectivos son DEMOSTRAR EN POSITIVO:
1.- Que a nosa lingua está viva
2.- Que non é soamente cousa de vellos
3.- Que somos moitos os que a defendemos estando ao día e utilizando os medios máis modernos como a internet e as redes sociais.
4.- Que o facemos sen que ninguén nolo impoña, sen obrigas nin coaccións, facémolo voluntariamente porque queremos compartir algo que sentimos noso e fainos sentir unidos, o idioma galego.

O básico: cando, onde, para quen...

A proposta vai dirixida a todos os usuarios das redes sociais que queiran unirse no Día das Letras Galegas para facer un agasallo conxunto a todo o mundo.

Cal era o prazo de execución

MARTES 17 DE MAIO, Día das Letras Galegas.

A miña propia contribución

Eu podo coordinar a participación de todos lembrando que este proxecto ten que ser o resultado dunha suma de achegas en equipo.

Algo máis que dicir?

Frigyes Karinthy, o pai da teoría dos seis graos, descubriu que estamos conectados a calquera persoa do planeta a través dunha cadea de non máis de cinco coñecidos.
Que pasaría se o 17 DE MAIO ENVIAMOS UNHA CANCIÓN EN GALEGO aos nosos contactos para que a reenvíen inmediatamente aos seus?

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    O usuario Rverde valorou a idea Agasallo sincronizado para o mundo

    3 de maio de 2011 ás 14:11

    A idea Agasallo sincronizado para o mundo pasou ao estado de proxecto

    4 de maio de 2011 ás 15:30

    Actualizáronse os recursos necesarios para a realización do proxecto Agasallo sincronizado para o mundo

    4 de maio de 2011 ás 21:11

    Francisco realizou unha achega ao proxecto Agasallo sincronizado para o mundo

    5 de maio de 2011 ás 00:47

    Actualizáronse os recursos necesarios para a realización do proxecto Agasallo sincronizado para o mundo

    5 de maio de 2011 ás 23:00

    O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

    11 de maio de 2011 ás 18:21

Proxecto realizado

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesitou?

1 Responsable dunha conta en YOUTUBE
Conseguíronse: 1

Completado!

Manu Manu

1 Responsable da difusión en TUENTI
Conseguíronse: 1

Completado!

Marmilop Marmilop

1 Responsable da difusión en TWITTER
Conseguíronse: 1

Completado!

Francisco Francisco

1 Responsable da difusión NOUTROS MEDIOS
Conseguíronse: 1

Completado!

Eva Ruiz Zopete Eva Ruiz Zopete

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza