GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos realizados

U-lo?

U-lo?

Creado e xestionado por Alter Ego | 20 de setembro de 2010 ás 00:48

Etiquetado como galego, web, prensa, Guía Branca, guía, branca, contacto, enderezo, nº telefono, telf., información, locais, empresas, asociacións, colectivos, organizacións, bares, pubs, tascas, restaurantes, hoteis, moteis, negocios, sedes, xornais, revistas, ocio, parque, salas de cine, salas de teatro, salas de xogos, centro cultural, centros culturais, tendas, editoriais, idioma galego, lingua galega, nivel oral, nivel escrito, fala, escrita, escritas, escritos

Todos coñecemos guías telefónicas ou guías de negocios. Calquera de nós pode pór exemplos delas. Quen gostaría de poder acudir a un local falando galego e querendo atopar a información en galego sen sentirse por iso un “becho raro”? Quen está xa un pouco farto de non coñecer bares, pubs, tendas, empresas, supermercados, etc nos que a nosa lingua se empregue con certa normalidade?
Xa chegou o momento de crear unhas páxinas onde incluír todos aqueles negocios da Galiza/Galicia que empreguen a nosa lingua!
Para levar acabo este proxecto precisamos crear unha páxina web de tipo colaborativa. Para iso, énos importante contactar cun ou varios webmasters responsábeis dispostos a traballar pola causa. A nosa idea é que nesta páxina web, unha vez aberta, calquera persoa poda participar mandando unha suxerencia ou subindo a información dalgún local: empresas, sedes de xornais revistas e outra prensa, bares, restaurantes, tascas, pubs, editoriais, tendas, lugares de ocio (parques, salas de cine, salas de teatro, salas de xogos, asociacións / centros culturais...) organizacións, colectivos, negocios varios, hoteis, moteis etc que empreguen o galego. Neste aspecto debemos facer un inciso. Non todos os locais “en galego” empregan o idioma ao mesmo nivel. Algúns soamente o usan no nome do negocio, outros empregan soamente o idioma no contacto co cliente e cando este se dirixe en galego aos dependentes ou donos, outros máis usan o galego como lingua normalizada entre os propios traballadores do local e en contacto cos clientes, uns outros usan a lingua galega tamén na documentación interna (panfletos, cartaces, sinalización do local, avisos, documentación do local...) e a externa (en caso de empresas, organizacións, asociacións, sedes de diferentes negocios etc...en referencia á documentación dirixida a outras empresas ou a clientes e particulares asiduos ou rexistrados ao negocio). Nós consideramos no seu día non incluír na web absolutamente ningún local que empregue o galego en tan só no seu nome, tampouco aceptamos a inclusión de ningún outro local que empregue o galego nun nivel ínfimo tanto no aspecto escrito como no falado. Procuramos locais que empreguen a nosa lingua tanto no nivel escrito como no falado e onde o galego teña incidencia. Posiblemente podamos facer algunha excepción con aqueles locais que empreguen o galego a nivel escrito en todos os aspectos dun negocio. Mais esta excepción será anteriormente debatida entre os promotores da idea, e no caso de incluír un negocio destas características sempre aparecerá situado nun epígrafe diferente ao conxunto.

Por tanto, tendo isto en conta é preciso que a xente que aporte información sobre o local faga constar o grau de uso do galego: desde a lingua empregada cos clientes, pasando pola documentación interna e externa (explicada con anterioridade) e até a música empregada en certos locais: restaurantes, pubs, bares, tascas etc. A información resultante das aportacións subirase á web e inmediatamente abrirase unha especie de votación na que os usuarios e outra xente visitante que coñeza os locais expostos poda votar e opinar sobre a información subida. Aqueles locais que presenten unha votación negativa e cuxa información non se adecue á realidade serán eliminados do web.
Para o pago do web tiñamos pensado en facer un fondo común ou se cadra vender unha parte dos “píxeles” do web para permitir a empresas (en galego) publicitarse e poder obter algúns beneficios desta actuación cos que poder facer fronte aos gastos.
Pola outra banda, para poder iniciar e pór en marcha o proxecto, precisamos moita xente de toda Galiza / Galicia, de diferentes concellos e localidades, de diferentes cidades, vilas e aldeas...xente responsable e disposta a colaborar. Xente que outorgue informacións sobre diferentes locais, empresas, entidades que coñezan da súa zona, etc que empreguen o galego indicando sempre o grau de uso. No caso de alguén non coñecer local ningún, sempre se pode fixar na súa contorna mentres vaia camiñando pola rúa. Ao final, ben que ha de atopar algún negocio onde se empregue de certo o galego. No caso de non saber o grau de uso da lingua dun determinado lugar, todos podemos dialogar amablemente cos traballadores de cada local, dándolle a coñecer o proxecto e pedíndolles información ao respecto. Cremos que poucos se negarán a facilitala.
Non estaría mal que a xente que decida colaborar aportando a información, indicara:
- Nome correcto e completo da empresa, do bar, do restaurante, da tasca, do pub, da editorial, da tenda, do lugar de ocio (parque, sala de cine, sala de teatro, sala de xogos, asociación / centro cultural...) da organización, do colectivo etc...
- Enderezo onde se localiza (rúa, número, localidade, concello...)
- Páxina web e correo electrónico (se dispoñen destes servizos)
- Número de teléfono (se dispoñen dese servizo).
- Fotografía do negocio (da súa entrada ou do interior). A fotografía debería ser propia, tirada por cada un. Moitas das que circulan por Internet teñen copyright e sería ilegal empregar unha foto que xa emprega outro medio. Hai que ter moito coidado con isto se non se quere ter problemas. No caso de non dispór de cámara, non pasa nada, é un elemento do que se pode prescindir.

Cales eran as necesidades

-A nosa principal necesidade e xuntar grande cantidade de xente colaboradora (un exército se for preciso) para recabar información de locais, empresas, etc. no dia a dia, en todas as comarcas de Galiza. Que nos fale dos locais e establecementos aos que vai habitualmente e non discriminan.
Polo de agora existe un espazo no facebook para estar en contacto e poñer a punto a informacion recollida. Levaba por nome: “Guia Branca”, e actualmente chámase "U-lo?".

- Tamen estamos abert@s a que poda haber mais coordinadores para o proxecto. Precisamos de máis xente para repartir esforzos. Xente de diferentes lares da Galiza/Galicia.

Cales eran os obxectivos

- Crear unha páxina web onde se inclúan todos os negocios e lugares que empreguen o galego (a nivel escrito e falado) e onde a presenza da lingua non sexa anecdótica.
- Informar á xente galega sobre os establecementos, empresas, asociacións, bares, pubs etc que usan a lingua galega e nos que non se sintan discriminados ou mesmo raros.

O básico: cando, onde, para quen...

Este proxecto está dirixido e aberto a toda a xente que queira colaborar nel. Consideramos que é un proxecto moi interesante xa que da información verquida nel poderase beneficiar toda a poboación galega.

Cal era o prazo de execución

Embora para que bote a andar, una vez conseguidos os apoios, nos propoñamos un tempo de dous meses para ter a páxina activa, a duración do proxecto é ilimitada, pois ten vocación de ser un web que perdure e evolucione, tendo en conta as empresas que vaian abrindo, pechando ou simplemente muden de política de atención ao cliente, conforme as informacións e valoracions do usuarios da páxina.

A miña propia contribución

Xunto a uns amigos, somos coordinadores da idea e do proxecto. Debateremos, daremos ideas, modificaremos outras tantas para poder chegar a bo porto cun bo proxecto rematado. Tamén nós mesmos recabaremos información sobre locais, empresas, negocios etc que usen o galego.

Lugar de realización

En toda Galiza e pola rede.

Algo máis que dicir?

A páxina web estará escrita en dúas normativas diferentes do galego: Galego RAG (Real Academia Galega), Galego AO (Acordo Ortográfico). O español non se recollerá na páxina web. Sobre todo coherencia. É un proxecto en galego e para os galegos.
"U-lo?" é o proxecto que antes se chamaba "Guía Branca". Aínda que non se conseguiron todas as persoas que se buscaban, prefírese pechar o proxecto e comezar a traballar coas que están apuntadas. Estase tamén a estudiar a posibilidade de colaborar co proxecto "Galego +" (), de parecidos obxectivos e cos que se poderían aunar esforzos.

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    Alter Ego contestou unha pregunta realizada en U-lo?

    3 de setembro de 2011 ás 23:29

    Alter Ego contestou unha pregunta realizada en U-lo?

    3 de setembro de 2011 ás 23:29

    Alter Ego contestou unha pregunta realizada en U-lo?

    3 de setembro de 2011 ás 23:33

    O proxecto U-lo? acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

    27 de outubro de 2011 ás 22:01

    Aprobouse unha nova idea U-lo?

    27 de outubro de 2011 ás 22:03

    A idea U-lo? pasou ao estado de proxecto

    27 de outubro de 2011 ás 22:04

Proxecto realizado

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesitou?

20 Precisamos de colaboradores para recabar información de locais e empresas, que empreguen o galego con normalidade, nas principais vilas/cidades do pais
Conseguíronse: 15

falta un 25%

Manuel Veiga Díaz Manuel Veiga Díaz

helena helena

Sérgio Sérgio

Alexandre  Sánchez Vidal Alexandre Sánchez Vidal

Carola Carola

Antón Díaz Antón Díaz

tucho mendez tucho mendez

mondoxíbaro mondoxíbaro

CiFeJo CiFeJo

xabierseixo xabierseixo

silvia silvia

David  Santamaría David Santamaría

ana díaz ana díaz

Juan Estévez Juan Estévez

Manu Manu

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza