GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos realizados

Pinchadas de música, pero da boa ;)

Pinchadas de música, pero da boa ;)

Creado e xestionado por Maria Yáñez | 2 de xuño de 2010 ás 18:56

Etiquetado como Música, mocidade, dilleis, vilas

A idea xa é proxecto! Faremos a primeira pinchada en Vigo, unha cidade difícil no galego e esixente no musical. Dous usuarios e socios de GalegoLab, Iago Martínez e María Yáñez, seremos os dilleis que nos enfrentaremos a semellante reto.

A pinchada será en La Casa de Arriba (Martín Códax, 23, zona de Churruca), a partir das 12 da noite, e enmarcarase na festa Reciclaxe '10.

Precisamos, sobre todo, que confirmedes asistencia e que nos enviedes cancións bailables en galego.

Reservámonos o criterio final á hora de poñelas ou non, co obxectivo de preservar 1) a integridade física dos dilleis e 2) que a xente non se aburra.
En moitas vilas non hai lugares onde se escoite música moderna (sic) en galego. Tampouco pedimos que haxa bares que pinchen 100% en galego todo o tempo, cousa que non estaría mal. Pero como unha vez ao ano non fai dano, por que non organizar festas temáticas, con dilleis como mínimo, e algún grupo como máximo, que teñan chispa e atraian a mozas e mozos guapos/as, e se poña música galega de diferente estilo segundo a hora da noite?

Cales eran as necesidades

Neste caso excepcional, os dilleis están xa fixados e o concepto da festa que nos acolle tamén, así que en principio non precisamos carteis nin xente que pinche. Si que precisamos xente que se comprometa a asistir, e tamén suxestión de temas. Poñede as vosas suxestións cun enlace á canción, se está na rede, precedido de "Que tal se poñedes esta?".

Se nos queredes enviar mp3 podedes facelo a info@galegolab.com

Tamén serán benvidas suxestións de posta en escena: decoración, atrezzo, proxeccións, vestiario... algún VJ na sala?

E xente que se ofreza para inmortalizar o evento en imaxes (vídeos, fotos, etc), e documentalo con creatividade para contar a experiencia en GalegoLab.

E difusión, claro, a máxima posible nas vosas redes! Traédenos rapaces e rapazas guapas!
E seguro que aparecen máis necesidades sobre a marcha. Estade atentos.

Cales eran os obxectivos

- Que a xente nova coñeza música en galego que lle pode gustar e aínda non coñece.
- Dar a coñecer a variedade de estilos e músicos que hai.
- Xuntar mozos e mozas por unha boa causa (mazarse e bailar), e de paso que lles entre o galego polas orellas.
- Levar algo de marcha ás vilas ou lugares onde menos haxa.
- Levar o galego a locais onde non adoita estar presente.
- Promocionar dilleis que poidan pinchar ao longo do territorio galego.
- Promover playlists de música galega, de autor ou colaborativas. Isto case podería ser un proxecto á parte, pero o caso é darlles uso.
- Tamén se pode tirar de videojockeys e complementar con imaxes as pinchadas.

O básico: cando, onde, para quen...

Data: 4 de setembro, que é un sábado. A partir da medianoite.

Lugar: La Casa de Arriba, na rúa Martín Códax, 23.

O marco é a festa Reciclaxe á que vos convidamos a participar todo o día: http://reciclaxe.blogspot.com/

Cal era o prazo de execución

Ata o venres 3 admítense contidos, suxestions e RSVP.

A miña propia contribución

Local, dilleis, carteis, xente de Vigo...

Lugar de realización

Vigo

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    mónica ares realizou unha achega ao proxecto Pinchadas de música, pero da boa ;)

    24 de agosto de 2010 ás 00:03

    tamara de la fuente realizou unha achega ao proxecto Pinchadas de música, pero da boa ;)

    26 de agosto de 2010 ás 23:38

    Daniel Landesa realizou unha achega ao proxecto Pinchadas de música, pero da boa ;)

    30 de agosto de 2010 ás 16:46

    reimon realizou unha achega ao proxecto Pinchadas de música, pero da boa ;)

    1 de setembro de 2010 ás 03:52

    Carlos David González Bermúdez realizou unha achega ao proxecto Pinchadas de música, pero da boa ;)

    4 de setembro de 2010 ás 12:56

    O proxecto Pinchadas de música, pero da boa ;) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

    6 de setembro de 2010 ás 10:27

Proxecto realizado

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesitou?

50 asistentes reais e que bailen
Conseguíronse: 35

falta un 30%

tania rodríguez pino tania rodríguez pino

Vaneda Vaneda

Daniel Landesa Daniel Landesa

reimon reimon

Lito Lito

Berto Yáñez Berto Yáñez

Ramón D. Veiga Ramón D. Veiga

xose ramos xose ramos

Dores S. Alegre Dores S. Alegre

begouteiro begouteiro

Carlos Ares Carlos Ares

Iago González Iago González

tamara de la fuente tamara de la fuente

mónica ares mónica ares

Carlos David González Bermúdez Carlos David González Bermúdez

4 fotógrafos/as que retrate a festa
Conseguíronse: 3

falta un 25%

Lito Lito

mónica ares mónica ares

tamara de la fuente tamara de la fuente

2 persoa que a grave en vídeo e suba clips a Youtube
Conseguíronse: 1

falta un 50%

Vaneda Vaneda

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza