GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos realizados

Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas

Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas

Creado por David Marcos Ramas e xestionado por Marmilop | 29 de xaneiro de 2011 ás 01:18

Etiquetado como youtube, literatura, Lectura Global,

Esta idea, en GalegoLab dende o ano pasado (pero que por falta de tempo non se levou a cabo) pretendía gravar vídeos, de xeito organizado, dunha obra literaria galega e subilos a unha canle de YouTube, que se crearía para tal fin, até completar a obra.

Mais este ano, co gallo do 50 aniversario das Letras Galegas, a idea é conseguir un vídeo no que se lea un poema/fragmento dunha obra de cada un dos 50 autores homenaxeados ó longo deste medio século.
Baseándome nunha idea semellante noutro idioma*, pensei que sería boa idea facer unha lectura global dun libro galego.


Dado que este ano se celebran os 50 anos das Letras Galegas, intentarase conseguir un vídeo de cada autor: cada persoa gravarase lendo un poema/fragmenteo dunha obra dun dos autores ós que se lles adicaron as Letras Galegas neste medio século. Se o proxecto ten éxito e dalgún autor se quere facer máis dun vídeo (por exemplo se nun colexio se quere gravar a diversos alumnos lendo) non habería problema.


--
*http://www.youtube.com/elquijote

Cales eran as necesidades

-Unha persoa capacitada para crear a canle en YouTube (imaxe gráfica, organización de contidos)
-Unha persoa para xestionar a canle en YouTube
-Persoas que fagan a escolma dos textos a ler
-Persoas que fagan e envíen os vídeos

Cales eran os obxectivos

1. Conmemorar o 50 aniversario das Letras Galegas eifundir mundialmente o idioma e a literatura galega a través dunha canle global como o YouTube.

2. Fomentar a lectura en galego

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirixido a calquera que lle guste a lectura e queira participar.

-A duración máxima será de 10 mins.

- Preferiblemente os vídeos serán gravados en 16/9 e deberán escoitarse ben, ou serán desbotados.

- Os vídeos deberán subirse en formato mp4, MOV ou AVI usando algún servizo de descarga online como www.sendspace.com, e enviarase a ligazón para descargalos ó correo info@galegolab.org.

- Deberán acompañarse do nome da persoa que le, o nome da obra de onde está tirado o fragmento ou poema lido (se é un poema con nome, tamén o nome deste) e o autor/a da mesma.

- Nesta ligazón podedes anotar o voso nome (ou centro, no caso de ser algún centro escolar) e o nome da obra da que ides ler o fragmento: http://www.galegolab.com/letrasgalegas/ Cando completemos a lista de autores, pódese repetir. Mentres tanto, intentade elixir aqueles/as que aínda non estean collidos/as.

Para os colexios que participen con alumnado menor de idade, tedes un arquivo adxunto para descargar coa autorización legal correspondente en información adicional (ó final de todo).

Cal era o prazo de execución

Durante o 2012.

A miña propia contribución

Buscar persoas que lean.

Lugar de realización

YouTube

Algo máis que dicir?

Os vídeos recibidos pódense ver en http://www.youtube.com/user/galegolab

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    lois realizou unha achega ao proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas

    21 de febreiro de 2012 ás 17:47

    Maribel Serantes realizou unha achega ao proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas

    22 de febreiro de 2012 ás 19:17

    Covadonga realizou unha achega ao proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas

    1 de marzo de 2012 ás 21:53

    Marmilop contestou unha pregunta realizada en Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas

    23 de marzo de 2012 ás 20:34

    Marmilop contestou unha pregunta realizada en Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas

    28 de marzo de 2012 ás 15:06

    O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

    17 de maio de 2012 ás 18:18

Proxecto realizado

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesitou?

10 Aínda que a idea é chegar ata 50 (un vídeo por autor), para poñelo en marcha pedimos un mínimo de 10 persoas que se graven lendo un poema/fragmento e o envíen (que se poderá escoller entre os dispoñibles)
Conseguíronse: 10

Completado!

Covadonga Covadonga

Maribel Serantes Maribel Serantes

lois lois

1 persoa capacitada para crear a canle en YouTube (imaxe gráfica, organización de contidos)
Conseguíronse: 1

Completado!

latri.ca latri.ca

1 Persoa que suba os vídeos e xestione a canle en xeral
Conseguíronse: 1

Completado!

latri.ca latri.ca

1 Persoa que deseñe un logo para a canle de YouTube
Conseguíronse: 1

Completado!

Oplup Oplup

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza