GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos realizados

Guías de viaxes en galego e por galeg@s

Guías de viaxes en galego e por galeg@s

Creado e xestionado por Tomas Paz Johnstone | 10 de febreiro de 2011 ás 23:18

Etiquetado como viaxar, viaxes, guias,

Buscarase contactar con galeg@s espallados polo mundo,
para que entre todos/as creares guías de viaxe de distintas cidades.
A idea é de contactar con galeg@s que vivan en distintas cidades do mundo,
para que entre todos/as creares guías de viaxe desas cidades en galego e para galegos/as.
Poderiamos crear unha paxina web onde acceder e descargar estas guías.

Eu creo que temos un galego/a en cada cidade do mundo, e non hai mellor forma de coñecer unha cidade que tendo unha guía feita por alguén que leva vivindo nela dende hai tempo.

Cales eran as necesidades

- Xente que axude a decidir os apartados das guías, que é o importante, o que temos que coñecer de cada cidade.
- Xente que axude a divulgar esta idea, estou certo que cada un de nos coñecemos alguén que viva fora de Galicia, ou en Galicia é que escriba sobre a vila onde vive.
- Xente que axude a crear e manter a paxina web, ou outras ideas de divulgación que sexan boas.

Cales eran os obxectivos

- Crear guías de viaxes en galego para galegos e galegas e feitas por xente que fala a nosa lingua.

O básico: cando, onde, para quen...

Este proxecto vai dirixido a tódolos e tódalas galegos e galegas do mundo.
A duración do proxecto será aberto, xa que as colaboracións sempre serán benvidas, e canta mais cidades mellor.

Cal era o prazo de execución

Cando a xente estea interesada

A miña propia contribución

Eu podo empezar creando un documento para que a xente escriba sobre a vila onde viven.
Unha vez teñamos xente disposta a axudar eu podo crear unha paxina web con ligazóns as cidades
Eu podo empezar facendo a guía de Toronto en Canada e Atlanta en USA.

Lugar de realización

Web, eu estou en Toronto

Algo máis que dicir?

Para recoñecer o traballo da xente, cada guía irá "firmada" polo autor/a

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    O usuario ana.poisa valorou a idea Guías de viaxes en galego e por galeg@s

    25 de maio de 2011 ás 00:01

    A idea Guías de viaxes en galego e por galeg@s pasou ao estado de proxecto

    22 de xuño de 2011 ás 19:01

    Tomas Paz Johnstone contestou unha pregunta realizada en Guías de viaxes en galego e por galeg@s

    23 de xuño de 2011 ás 16:00

    Actualizáronse os recursos necesarios para a realización do proxecto Guías de viaxes en galego e por galeg@s

    23 de xuño de 2011 ás 16:01

    carmen realizou unha achega ao proxecto Guías de viaxes en galego e por galeg@s

    23 de xuño de 2011 ás 16:02

    O proxecto Guías de viaxes en galego e por galeg@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

    30 de xuño de 2011 ás 15:06

Proxecto realizado

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesitou?

15 guías dunha cidade para ir comezando, despois buscaremos moitas máis
Conseguíronse: 15

Completado!

Andresita Andresita

jacinta jacinta

Ruth Ruth

Víctor_Paz Víctor_Paz

carmen carmen

Lara Lara

Sabela Sabela

Xoan-Carlos Leon Xoan-Carlos Leon

carmen carmen

2 persoas que establezan os apartados que debería conter a guía de cada cidade
Conseguíronse: 2

Completado!

jacinta jacinta

Borja Glez Borja Glez

1 persoa encargada de difundir a idea nas redes sociais: Facebook, Twitter...
Conseguíronse: 1

Completado!

Eva Ruiz Zopete Eva Ruiz Zopete

1 persoa encargada de facer difusión nos medios de comunicación, enviando notas de prensa, etc.
Conseguíronse: 1

Completado!

Eva Ruiz Zopete Eva Ruiz Zopete

1 persoa encargada da revisión ortográfica dos textos que cheguen
Conseguíronse: 1

Completado!

Beatriz Beatriz

1 persoa que che axude coa creación da web
Conseguíronse: 1

Completado!

Andresita Andresita

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza