GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos realizados

Google Doodle para o Día das Letras 2012

Google Doodle para o Día das Letras 2012

Creado por fcaeiro e xestionado por Eva Ruiz Zopete | 6 de xullo de 2011 ás 19:09

Etiquetado como Internet, Google, Doodle, logo

Google dedica frequentemente versons do seu logo, chamadas "doodles", a distintas comemoraçons, como podem ser festividades universais ou locais ou aniversários de personagens importantes. Exemplos disto som o doodle dedicado ao dia de Saint David's (Dia do País de Gales), o dedicado aos castellers ou o dedicado à tamborrada de Donostia. A ideia era pedir a Google como presente um "doodle" para as Letras Galegas 2012.
Num primeiro momento seria importante enviar umha mensagem a Google perguntando de que modo devemos proceder para consegui-lo, pois é algo que já se tem feito noutros casos.

Posteriormente, e dependendo da resposta, haveria que escrever umha petiçom formal com forma de abaixo-assinado e difundi-la polas redes sociais para conseguirmos o maior número de assinaturas possível.

Por fim, e dependendo também do que digam eles, suponho que teríamos de fazer um concurso de doodles. Entre todas as sugestons, escolheríamos umha para propô-la à empresa ou bem várias entre as quais escolheriam eles.

Cales eran as necesidades

-Algum voluntário que ajude com as assinaturas e com o possível concurso.
-Assinaturas.
-Logos.

Cales eran os obxectivos

-Conseguir que Google apoie o dia das letras.
-Contribuir para dar prestígio à nossa língua e à comemoraçom.

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirigido a todos os que quigerem participar e o objetivo é consegui-lo para as Letras 2012.

Cal era o prazo de execución

Esperemos que para as Letras 2012.

A miña propia contribución

Algo de todo, dentro da minha disponibilidade.

Lugar de realización

Em Internet

Algo máis que dicir?

Comentámosvos como está a situación a 21 de xaneiro de 2011:

Xa se contactou con Google (gracias ás compañeiras apuntadas e a GalegoLab polo traballo!) e coméntannos que a proposta ten que estar enriba da mesa, como moi tarde, tres meses antes (non queda nada!!). Agora estamos redactando un correo explicativo de por que a nosa proposta é de interese, e deberiámolo acompañar, ademais de coas sinaturas, con cartas e documentos de apoio de institucións, personalidades da cultura, etc. Que nos queira axudar dándonos ideas, contactos, suxerencias neste eido ou contactando con xente que nos poda apoiar será moi benvido.

Aquel@s que vaian tendo os seus deseños pódenos ir enviando a info@galegolab.org.

A 4 de abril sentimos moito informar de que nos din dende Google que o doodle do 17 de maio non se adicará ás Letras Galegas. Isto débese a que todas estas propostas deben recibir o visto e prace dende as oficinas da compañía en San Francisco, as cales non estudan ningunha que lles sexa remitida con menos de seis meses de antelación. A nosa foi enviada con tres meses xa que, ó parecer por erro, informóusenos de que ese era o prazo. Debido a isto, a pesar do apoio de numerosas institucións e persoeir@s, ademais de moita xente anónima que firmou o actuable, nos enviou doodles ou colaborou no proxecto, a proposta non saiu adiante.

Porén, querémosvos agradecer a tod@s o apoio e o traballo realizado, sen o cal non tería sido posible facer nada. En breve teredes na web dispoñibles os doodles tan xeitosos que enviaron os nosos usuarios.

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    Eva Ruiz Zopete contestou unha pregunta realizada en Google Doodle para o Día das Letras 2012

    16 de xaneiro ás 19:47

    Eva Ruiz Zopete contestou unha pregunta realizada en Google Doodle para o Día das Letras 2012

    16 de xaneiro ás 19:47

    Eva Ruiz Zopete contestou unha pregunta realizada en Google Doodle para o Día das Letras 2012

    16 de xaneiro ás 19:48

    Eva Ruiz Zopete contestou unha pregunta realizada en Google Doodle para o Día das Letras 2012

    16 de xaneiro ás 19:48

    Eva Ruiz Zopete contestou unha pregunta realizada en Google Doodle para o Día das Letras 2012

    16 de xaneiro ás 19:49

    O proxecto Google Doodle para o Día das Letras 2012 acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

    4 de abril ás 19:58

Proxecto realizado

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesitou?

1 persoa que se encargue de contactar con Google para ver cal é o proceso a seguir
Conseguíronse: 1

Completado!

India India

1 persoa que deseñe un cartel promocional para o concurso de doodles
Conseguíronse: 1

Completado!

xúlio zé xúlio zé

1 persoa que faga as labores diso tan de moda, community manager, para difundir a campaña polas redes sociais
Conseguíronse: 1

Completado!

Cristina López Cristina López

1 persoa que faga un actuable onde a xente poida asinar a petición para ter un doodle do Día das Letras Galegas 2012
Conseguíronse: 1

Completado!

Juan Estévez Juan Estévez

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza