GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos realizados

Falemos de cinema na nosa lingua

Falemos de cinema na nosa lingua

Creado e xestionado por Víctor_Paz | 17 de maio de 2011 ás 11:15

Etiquetado como tradución, Internet, cinema, lingua galega, crítica cinematográfica

A Cuarta Parede é a primeira publicación dixital especializada en cinema, escrita en galego. Naceu o pasado 4 de febreiro e actualmente vai polo seu terceiro número. Unha das tarefas que está a resultar complicada na súa edición é traducir debidamente e a tempo os textos que nos chegan dende o portugués e o castelán. Como a nosa páxina é bilingüe (se ben usamos a lingua propia en todas as nosas comunicacións), tamén debemos pasar textos galegos a castelán. O proxecto, totalmente independente e concibido sen ánimo de lucro, precisa de profesionais que axuden a mellorar estas traducións e garantan un uso do galego coa máxima corrección posible na revista.
Dirixímonos a través de GalegoLab a todos aqueles intérpretes e filólogos, ou estudantes destas carreiras, que queiran colaborar con nós. Isto concretarase na tradución de 2 textos de lonxitude variable (5.000-12.000 caracteres) cada seis ou sete semanas, que é a periodicidade que ten a revista.

A nosa liña editorial privilexia o cinema de autor, e especialmente aquel que se pode ver e se fai en Galicia. Entendemos que hai moito talento na nosa terra, interesantes creadores e atractivos circuítos de exhibición, que non están a ter a difusión que merecen. A Cuarta Parede pretende cubrir ese oco informativo, porque podes ser bo, pero se non falan de ti, é como se non existises. Mágoa, non? E, dende logo, facelo en galego, outro dos estandartes da publicación.

Cales eran as necesidades

1. Tres licenciados ou estudantes de carreiras relacionadas coa filoloxía ou a tradución dende e ao galego a castelán e portugués.

2. Que esas persoas se comprometan a traducir ou corrixir dous textos (de entre 5.000 e 12.000 caracteres) en cada número da revista, cunha periodicidade de 6-7 semanas.

Cales eran os obxectivos

1. Promover o uso correcto da lingua galega nos medios de comunicación, nomeadamente no ámbito do cinema.

2. Facer que o noso cinema de autor atope unha publicación que poida chamar \'fogar\', dende a que os cineastas poidan dar a coñecer a súa obra.

3. Lograr que os bos circuítos de exhibición dos que gozamos (CGAI, festivais, Cineclube de Compostela, museos,...) non parezan invisibles e crear un interese no público para que se achegue a compartir cinema con nós nestes lugares.

O básico: cando, onde, para quen...

Se che interesa o cinema e a nosa lingua, esperamos que encontres na nosa revista un foro de debate ao que acudir, pois lograr esa interacción contigo, cinéfilo, é todo ao que aspiramos. E se, ademais, queres colaborar na edición de cada número, para cumprir o alto nivel de esixencia que queremos marcar en canto a corrección lingüística, sabe que serás máis que benvido.

Cal era o prazo de execución

Esta idea está pensada para todas aquelas persoas capacitadas para traducir dende e ao galego, e que estean interesadas no cinema. A comunicación será vía Internet.

Non poñemos prazo ningún. Seredes benvidos sempre que nolo pidades.

A miña propia contribución

Constituiremos un grupo de traballo conforme vaiamos recibindo solicitudes. Este estará coordinado por nós e encargarase da tradución dos textos, repartidos segundo os criterios que establezan os integrantes.

Lugar de realización

A través de Internet

Algo máis que dicir?

Lamentamos non dispor de cartos para pagarvos, pero se algún de vós quixera presentar esta colaboración como experiencia profesional, nós podemos ofrecervos un certificado conforme traducistes tales textos nos números da revista que correspondan. Pensamos isto esencialmente para estudantes que queiran contabilizalo como prácticas no currículo.

Tamén no caso de que a revista obteña beneficios económicos estes colaboradores serían remunerados.

Igualmente, sobra dicir que o traballo dos tradutores será debidamente acreditado na mancheta da revista.

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    Víctor_Paz contestou unha pregunta realizada en Falemos de cinema na nosa lingua

    24 de maio de 2011 ás 21:43

    Víctor_Paz contestou unha pregunta realizada en Falemos de cinema na nosa lingua

    24 de maio de 2011 ás 22:36

    Víctor_Paz contestou unha pregunta realizada en Falemos de cinema na nosa lingua

    24 de maio de 2011 ás 23:28

    Víctor_Paz contestou unha pregunta realizada en Falemos de cinema na nosa lingua

    25 de maio de 2011 ás 07:48

    O proxecto Falemos de cinema na nosa lingua acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

    25 de maio de 2011 ás 15:04

    Víctor_Paz contestou unha pregunta realizada en Falemos de cinema na nosa lingua

    25 de maio de 2011 ás 16:19

Proxecto realizado

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesitou?

4 Persoas que traduzan 2 textos (entre 5.000 e 12.000 caracteres) cada 6-7 semanas
Conseguíronse: 4

Completado!

ana.poisa ana.poisa

Noemí Noemí

rocio rocio

Gonzalo Gonzalo

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza