GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos realizados

Documental Audiovisual sobre a diáspora galega

Documental Audiovisual sobre a diáspora galega

Creado e xestionado por Alba de Groria | 13 de xullo de 2011 ás 21:17

Etiquetado como galego, lingua, documental, audiovisual, diaspora

Realización dun DOCUMENTAL AUDIOVISUAL sobre a realidade da lingua galega no exterior e as condicións sociais e económicas da nova diáspora galega.
Galiza é un país global. Os procesos de migración e espallamento dos galegos e galegas dende finais do século XIX ata hoxe son unha das grandes lacras do noso país. Galiza, polo tanto, precisa de recoñecerse a si mesma tamén na realidade dos que, fóra do país, quixeron manter a lingua galega para a comunicación ou que, por un motivo ou outro, forman parte das comunidades galegas.
Aínda así, os emigrantes 2.0 (que demos en chamar a Nova Diáspora Galega) responden a un novo perfil. Conectados ás redes a tempo completo teñen unha relación máis estreita con Galiza grazas ás tecnoloxías da información e da comunicación. Polo tanto, son unha cidadanía máis informada e, xa que logo, máis crítica. E queremos descubrir os seus problemas e a súa realidade, pois forman parte do futuro do país.

Para iso propoñemos facer un documental que se achegue ás interioridades e claves da Nova Diáspora Galega. Galegas e galegos residentes en diferentes puntos do globo que manteñen certo vencello co país, cun perfil formativo e profesional medio-alto, con amplitude cultural, social e ideolóxica e coa idea de retornar ao país. Esas son as características que fan desta nova diáspora galega unha illa de esperanza nas augas turbias do noso país. A proba de que aqueles que pensan que a solución para Galiza, unha vez máis e como nos tempos de Castelao, ten que vir de fóra, quizais, non estean moi alonxados da verdade.

Polo tanto, a realización dun documental en formato audiovisual sobre a realidade da lingua galega no exterior é o obxectivo principal desta idea. Os obxectivos secundarios son coñecer o contexto social e económico da nova diáspora galega e as súas inquedanzas en relación co país e o retorno.

Cales eran as necesidades

1. Un equipo de 10 persoas que se adiquen a buscar xente que resida fóra de Galiza.

2. 4 persoas que participen da edición gráfica e de realización do proxecto.

3. Unha voz en off masculina e outra feminina.

4. Un equipo (3 persoas) para elaborar unha campaña de captación de difusión do proxecto e do resultado mediante as redes sociais.

5. Xente que queira saír no documental, de todolos puntos do mundo. Terían que apuntarse aquí: https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dERwTnlCQjFNSGRLQ19fenFUWW9QSEE6MQ

Cales eran os obxectivos

1. Coñecer máis sobre a realidade da lingua galega no exterior.
2. Coñecer o contexto social e económico da nova diáspora galega.
3. Coñeces as inquedanzas en relación co país e o retorno da diáspora galega.
4. Difundir unha visión da diáspora galega que supere os tópicos.

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirixido ao público xeral galego (de Galicia e do exterior). Tería unha duración aproximada de 60 minutos.

Cal era o prazo de execución

É un proxecto a realizar durante o período outubro 2011 - outubro 2012.

A miña propia contribución

Alba de Groria ocuparíase de:
1. Xestionar e coordinar os recursos.
2. Proporcionar os recursos técnicos.
3. Buscar os recursos humáns ou técnicos dos que se careza para a realización final do proxecto.

Lugar de realización

Galiza Global

Algo máis que dicir?

O documental terá licenza Creative Commons e, cando sexa rematado, será difundido polas redes sociais e presentado en diferentes lugares do mundo baixo a coordinación de Alba de Groria. Incluirase o logo de GALEGOLAB nos créditos do documental.

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    A idea Documental Audiovisual sobre a diáspora galega pasou ao estado de proxecto

    21 de outubro de 2011 ás 12:57

    Alba de Groria contestou unha pregunta realizada en Documental Audiovisual sobre a diáspora galega

    21 de outubro de 2011 ás 13:43

    Alba de Groria contestou unha pregunta realizada en Documental Audiovisual sobre a diáspora galega

    24 de outubro de 2011 ás 12:47

    Alba de Groria contestou unha pregunta realizada en Documental Audiovisual sobre a diáspora galega

    7 de novembro de 2011 ás 15:54

    Alba de Groria contestou unha pregunta realizada en Documental Audiovisual sobre a diáspora galega

    7 de novembro de 2011 ás 15:55

    O proxecto Documental Audiovisual sobre a diáspora galega acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

    30 de novembro de 2011 ás 16:13

Proxecto realizado

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesitou?

10 persoas que busquen xente que resida fóra de Galiza
Conseguíronse: 10

Completado!

xúlio zé xúlio zé

Levicescasal Levicescasal

Sabela González Sabela González

MGolpe MGolpe

Fabian Gonzalez Fraga Fabian Gonzalez Fraga

Carlos David González Bermúdez Carlos David González Bermúdez

Ana B B Ana B B

Manuel Pueyo Fernandez Manuel Pueyo Fernandez

pequerrechiña pequerrechiña

Aitor Aitor

5 persoas que participen da edición gráfica e de realización do proxecto.
Conseguíronse: 5

Completado!

Sonia Sonia

Adriana Adriana

Lara Capeáns Lara Capeáns

boa imaxe boa imaxe

Pablo Pablo

3 persoas para elaborar unha campaña de captación de difusión do proxecto e do resultado mediante as redes sociais
Conseguíronse: 3

Completado!

Maria do Mar Maria do Mar

Belay Belay

Adriana Adriana

2 Unha voz en off masculina e outra feminina
Conseguíronse: 2

Completado!

Maria do Mar Maria do Mar

Monti Castiñeiras Monti Castiñeiras

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza