GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Proxectos abertos

Galegogym

Galegogym

Creado e xestionado por GalegoLab | 4 de xuño de 2010 ás 14:37

Etiquetado como Música, deporte, ximnasia, fitness, gravación, cd, deseño

Trátase de facer unha edición dixital de música en galego coa que facer fitness, para distribuír por ximnasios de toda Galicia.
Hai poucas oportunidades para facer aerobic e táboas de fitness en galego. Para iso necesítase música, pero tamén propostas de exercicios.

O que se pretende é producir táboas de fitness que combinen música e exercicios, para podelos usar en ximnasios ou en auto-adestramentos. Distribuiríase en CDs e tamén en podcast para que o puidese usar calquera.
GalegogymGalegogym

Cales son as necesidades

• Músicos que se ofrezan a crear temas orixinais e ceder os dereitos con licenza creative commons de recoñecemento - uso non comercial - compartir igual.
• Preparadores físicos que preparen os textos dos exercicios
• Artistas que fagan deseños gráficos para as carátulas, de xeito que os usuarios poidan baixarse a que máis lles guste, imprimila e distribuíla.
• Persoas que distribúan as cancións, facendo unha edición de CD caseira, ou levandoa nun USB aos ximnasios.
• Tamén se precisa facer reconto de cantos ximnasios o utilizan, polo que a persoa que os distribúa debería facer fotografías ou vídeos que documentasen o logro.
• Un locutor/ora para narrar os exercicios.

Cales son os obxectivos

• Ampliar o ámbito de uso da música en galega a un terreo onde non está a penas utilizado: os ximnasios.
• Potenciar a creación de pezas musicais con ritmos axeitados a este ámbito e que teñan letras en galego.
• Conseguir dez pezas de entre 4 e dez minutos de duración cada unha.
• Facer unha edición descargable baixo licenza Creative Commons que inclúa estas pezas e tamén a imaxe gráfica coa que a xente poida confeccionar CDs caseiros para a súa distribución física.
• Conseguir propostas gráficas variadas para que a xente escolla a que máis lle gusta, incentivando así a creación gráfica, e engadíndolle un valor visual ao produto físico e dixital.

O básico: cando, onde, para quen...

Os podcasts distribuiríanse a través de GalegoLab.

Cal é o prazo de execución

15 de setembro

A miña propia contribución

Coordinación do proxecto.

Lugar de realización

Ximnasios de toda Galicia

A cociña (Como foi evolucionando este proxecto)

    GalegoLab contestou unha pregunta realizada en Galegogym

    18 de xuño de 2010 ás 12:53

    GalegoLab contestou unha pregunta realizada en Galegogym

    21 de xuño de 2010 ás 12:52

    Sáchez realizou unha achega ao proxecto Galegogym

    22 de xuño de 2010 ás 10:03

    Carlos David González Bermúdez realizou unha achega ao proxecto Galegogym

    27 de xullo de 2010 ás 10:44

    zimmer103 realizou unha achega ao proxecto Galegogym

    19 de setembro de 2010 ás 23:48

    Lito realizou unha achega ao proxecto Galegogym

    11 de outubro de 2010 ás 18:18

Preguntas realizadas sobre este proxecto

A música debe ser Creative Commons ou vale música comercial? 7 de xuño de 2010 ás 23:52 por Lito

Ten que ser música que se poida distribuír cunha licenza Creative Commons, aínda que non quita que iso despois se poida comercializar. Pero non, non valen Shakira nin Lady Gaga. ;)

O locutor que tería que gravar exactamente? As descricións dos exercicios? 10 de xuño de 2010 ás 01:16 por Xan Guindán

Si.

Se se pode grabar, abofé que teríamos que atopar adestradores ou instructores dispostos, non??? Como complemento. E tamén falalo cos doños de ximnasios, que seguro que haberá xente que se enrolle 9 de xuño de 2010 ás 20:53 por Carlos David González Bermúdez

Si, xa se piden adestradores que preparen as táboas de exercicios. Non sabemos se esa era a túa pregunta.

Quero doar temas musicais pero nom dou na aplicaçom :( Como fago? 10 de xuño de 2010 ás 19:57 por Carlos Valcárcel

Deberías poder, Na zona de recursos, na parte dereita do proxecto, debaixo de "temas musicais" tes un botón para facer a túa achega. Téntao outra vez. E moitas grazas :)

Eu som professor da Faculdade de CC. da Educaçom e do desporto. Podo pôr um anúncio sobre esta ideia para ver se algum estudante se anima a fazer de monitor de aerobic no projeto? 10 de xuño de 2010 ás 19:58 por Carlos Valcárcel

Por suposto! :) E xa nos deches outra idea para mellorar o proxecto: pedir un deseñador q faga o cartaz. Se xa te ofreces ti, pois recurso cuberto ;)

Eu apuntaríame de moi boa gana a contribuír con unha canción, pero non sei se o estilo que practico é o axeitado... Cales son os requisitos? Duración/temática/BPM...? 11 de xuño de 2010 ás 14:03 por Snob

Pois os expertos recomentan entre 90 e 120 BPM para o quecemento e 120-140 para os exercicios de máis intensidade. A duración, non menos de 3 minutos e non máis de 5 ou 6. Temática: calquera, o caso é chimpar. Unha idea: proba a buscar "music for fitness" no spotify, ou "140 BPM", saen bastantes cousas coas que te podes inspirar. ;)

Pois conste que há versom das cançons de Shakira em galego/português: http://www.youtube.com/results?search_query=shakira+portugues&aq=f ;-) 17 de xuño de 2010 ás 06:50 por Carlos

Haha, pois claro que molan, pero está a cuestión dos dereitos... Outra cousa, e outro posible proxecto, é facermos playlists colaborativas de música lusófona para distintos momentos: para o ximnasio, para o carro, para o estudo, para... ;)

Ola
Son mebro da directiva do colefgalica (colexio de licenciados). Podo poñervos en contacto con eles e que publiciten a vosa idea.
¿Como o vedes? 19 de xuño de 2010 ás 15:15 por carlos airas

Estupendo, Carlos! Estaría xenial que a difundisen e que colaborasen na distribución da música e exercicios que se produzan. Moitas grazas!

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Proxecto

Este proxecto estao coordinando alguén co obxectivo de mellorar a presenza do galego nalgún ámbito.
Colabora agora nel para sacalo adiante.

Que se necesita?

Falta o 0% de recursos

10 temas musicais
Conseguíronse: 10

Completado!

Marcos Otero Payno Marcos Otero Payno (3)

Carlos Valcárcel Carlos Valcárcel (3)

Carlos David González Bermúdez Carlos David González Bermúdez (2)

Snob Snob (1)

zimmer103 zimmer103 (1)

Queres dar ou emprestar material?

3 propostas de carátula
Conseguíronse: 3

Completado!

Sáchez Sáchez (2)

María María (1)

Queres dar ou emprestar material?

3 táboas de exercicios
Conseguíronse: 3

Completado!

Eva Ruiz Zopete Eva Ruiz Zopete (2)

Rosanna Fernández Rosanna Fernández (1)

Queres dar ou emprestar material?

1 locutor ou locutora para os exercicios
Conseguíronse: 1

Completado!

Sabela González Sabela González (1)

Queres traballar no proxecto?

1 deseño dun cartaz para anunciar a proposta
Conseguíronse: 1

Completado!

Doblelópez Doblelópez (1)

Queres dar ou emprestar material?

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza