Esta web é un produto de GalegoLab, realizado por A navalla suíza na primavera de 2010. Foi publicada o 20 de maio de 2010 e presentada o 9 de xuño dese ano.
No proceso de creación da web só se empregou software libre.
O logotipo de GalegoLab é unha creación de Antón Patiño cedido xenerosa e exclusivamente para a Asociación GalegoLab. A tipografía usada nel é a OCR-A (creada para o U.S. Bureau of Standars en 1968). No resto da web úsase a tipografía Arial (deseñada por Monotype para Microsoft).
As cores dominantes son o negro (#000000) e o vermello (#CC0000).