GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Unha frase de Galego á semana

Unha frase de Galego á semana

Creada por Jacobo | 9 de xuño de 2010 ás 21:35

Etiquetado como cidades, castelán-parlantes, ofertas, vida pública, comerciantes

Descontos á xente que use unha determinada frase para obter un produto ou servizo.
A idea sería escoller unha frase sinxela (pode ser unha á semana, ao mes...) que sirva de troco para obter descontos.

Por exemplo, a frase desta semana é "Bos días, ¿Cómo vai todo?". Só por dicila, o cliente obterá un desconto, ainda que o resto da conversa sexa noutra lingua.

Cales son as necesidades

- Comerciantes que queiran participar da iniciativa ofrecendo ofertas.
- Cartelería, pegatinas... material propagandístico.

Cales son os obxectivos

- Convidar a falar galego á xente que o coñece pero non o utiliza.
- Aumentar a presenza do galego na vida pública das cidades.
- Disminuir a "vergoña" histórica que supón para moita xente pasarse ao galego.
- Normalizar a nosa lingua.

O básico: cando, onde, para quen...

- Para castelán-falantes
- Para xente das cidades grandes
- A duración de cada frase podería ser semanal ou mensual

Cal é o prazo de execución

Facer unha experiencia piloto a primeira quincena de setembro.

A miña propia contribución

- O meu traballo. Son deseñador e podería aportar deseños. Estou pasando un tempo en Buenos Aires por temas personáis e tería dificultades para colaborar doutro xeito.

Lugar de realización

Nas principáis cidades de Galicia, onde a situación do Galego é máis difícil.

Preguntas realizadas sobre esta idea

Chega cunha frase para aforrar un euro? Non sería mellor que fose preciso todo o trato (ao fin e ao cabo, non pasan de ser dúas frases ou tres como moito) 10 de xuño de 2010 ás 13:12 por Xosé M. Pereiro

O desconto debería ser unha porcentaxe á que o comerciante poida facer fronte. A calqueira negocio lle sairá rentable que unha campaña leve xente ao seu establecemento.

As frase serían algo así como CORUNHA RABUÑA! ou ORBALLA EN BARALLA?? 10 de xuño de 2010 ás 19:25 por Carlos David González Bermúdez

Lembráchesme ao Xabarín. Sería unha boa idea escoller frases para os diferentes públicos.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea orfa

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.
Quero xestionar esta idea

Os motivos polos que quero facerme cargo dela son:

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 0% (0)Sen dúbida, o mellor
  • 18% (13)Paréceme xenial!!
  • 21% (15)Mola moito
  • 32% (23)É interesante
  • 7% (5)Non está mal
  • 22% (16)Non me mola

Que está pasando?

O usuario cockgz valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

hai un día

Aprobouse unha nova idea Historia en Rede

hai 3 días

Uniuse a GalegoLab:

Francisco Castro

27 de xaneiro ás 16:11

Uniuse a GalegoLab:

Ollo Parabólico

22 de xaneiro ás 16:44

Uniuse a GalegoLab:

raeu

18 de xaneiro ás 18:10

Uniuse a GalegoLab:

david

18 de xaneiro ás 11:05

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza