GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Twitter de novidades literarias

Twitter de novidades literarias

Creada e xestionada por César Lorenzo Gil | 20 de xullo de 2010 ás 22:11

Etiquetado como libros, literatura galega

Difundir o twitter entre as librarías de Galicia para que usen esta ferramenta como medio de presentar as novidades literarias en galego máis interesantes que lles chegan entre potenciais clientes
O twitter é unha ferramenta fácil de usar e con diferentes aplicacións. Unha delas, de servizo público e mellora da comunicación entre librarías e lectores pode ser crear contas de twitter específicas para as librarías de Galiza. A través da ferramenta, cada vez que tivesen algún libro digno de se recomendar, deste xeito chegarían aos lectores potenciais e facilitarían tanto as vendas como a visibilidade do libro galego no propio estabelecemento, moitas veces absorbido polo "xogo de novidades" en lingua castelá. Trátase de que o libreiro olle, escolla e decida que recomendar, segundo o seu criterio profesional.

Cales son as necesidades

1. Contacto cos propietarios de oito ou dez librarías que destaquen a literatura galega nas súas novidades.

2. Que teñan acceso á internet.

3. Que se comprometan a actualizar o seu twitter cada vez que lle entren novos libros pola porta.

Cales son os obxectivos

1. Lograr unha mellor comunicación entre librarías e lectores.

2. Facer visible a literatura galega máis alá dos andeis.

3. Rachar o tópico que condena as librarías a non pintar nada na idade da internet.

4. Crear unha masa crítica dentro das letras galegas distinta á canónica (crítica académica, medios de comunicación, propios axentes editoriais).

5. E sobre todo, estimular a lectura en galego.

O básico: cando, onde, para quen...

–Dirixido ás librarías de Galiza das denominadas "de libreiro"

–A duración é ilimitada

Cal é o prazo de execución

Sería bo esperar a outubro porque en setembro as librarías están na voráxine dos libros de texto.

Nun mes podería estar en marcha para poder lanzar o proxecto en novembro.

A miña propia contribución

O meu tempo e as relacións con algunhas librarías que coñezo desde hai anos para que sirvan de puntas de lanza.

Algo máis que dicir?

Quizais estea poida ser o primeiro paso para unha libraría galega na internet.

Preguntas realizadas sobre esta idea

Estaría ben cuantificar as necesidades. Cantas librarías con Twitter precisas que participen para dar o proxecto por logrado? 21 de xullo de 2010 ás 10:19 por Maria Yáñez

Oito ou dez librarías sempre que estean esparexidas por toda Galicia. Unha por cidade estaría ben. Sumando outra media ducia de vilas e concellos máis pequenos daría un panorama completo ben feituco.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

A idea ten como límite pasar a proxecto en 20 meses e 23 días

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 4% (1)Sen dúbida, o mellor
  • 39% (11)Paréceme xenial!!
  • 21% (6)Mola moito
  • 18% (5)É interesante
  • 11% (3)Non está mal
  • 7% (2)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza