GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Semana da moda e a saúde

Semana da moda e a saúde

Creada por caralladas e xestionada por boutade__ | 14 de xuño de 2010 ás 14:39

Organizar un evento sobre moda, saúde, nutrición, tratamentos de beleza, maquillaxe, etc etc
Todos os eventos organizados por GalegoLab teñen que estar relacionados coa filoloxía e o audiovisual ou que???

Cando unha muller galega vai ó quiosco a mercar unha revista de moda, saúde, beleza, sexualidade, maternidade, etc. ten posibilidade de facelo normalmente en galego? Vogue, Cosmopolitan, Telva, Ragazza... Absolutamente non. Non queremos traballar por normalizar a língua? Fagámolo en todos os eidos.

Organicemos un evento (chameille 'semana de' pero pode ser só un día ou dous) con stands sobre moda, moda xoven low cost (que estamos en crise...), saúde, cosmética, beleza, etc. en galego. Organicemolo todo en galego, publicidade do evento, stands, e coa participación de empresas, organismos públicos ou entidades dispostas a colaborar en galego.

Cales son as necesidades

empresas, organismos ou entidades dispostas a colaborar
xente que colabore na preparación do evento
xente que colabore na organización e atención ó público nos días que dure o evento
autoridades que faciliten lugar e medios para a celebración do evento
publicidade e márketing.

Cales son os obxectivos

Normalizar o uso do galego en eventos adicados ó sector feminino e á xuventude, e facilitar a chegada ao público feminino de productos de saúde, moda e beleza por parte de empresas que traballen en galego co nnormalidade.

O básico: cando, onde, para quen...

dirixido principalmente ao público feminino, pero seguro que ao masculino tamén lle interesa. Mais este é só un exemplo do tipo de actividades que propoño organicemos dende GalegoLab. Organicemos tamén eventos onde o galego non sexa o motivo central, senón que esté presente dunha maneira natural en actividades tan diversas como o deporte, as artes, a empresa, o emprego, a xuventude ou calquer outra actividade mercantil ou do ocio en xeral.

A duración do evento podería ser un día ou dous.

Cal é o prazo de execución

No outono, por exemplo, o mes de outubro, podería ser bó momento pra facelo, e habería tempo de organizalo todo.

A miña propia contribución

Prometo colaborar en todo o que poida, pero coido que unha muller ou grupo de mulleres galegas terían máis claro todo o que hai facer e ter previsto, non? alguén quérese facer cargo do proxecto?

Algo máis que dicir?

É un proxecto ben ambicioso, e que vai precisar coordinación por parte de todos. Pero normalizar o galego en todos os eidos ben o merece.

Preguntas realizadas sobre esta idea

Empezo eu a disparar: Por que un proxecto ligado á moda, á saude, á beleza e á maquillaxe ten que estar destinado á muller? Se loitamos contra os prexuízos lingüísticos habería que loitar contra os de xénero, non? 14 de xuño de 2010 ás 16:16 por Maria Yáñez

Estaslle dando a volta ó meu argumento... eu quería facer un evento en galego destinado á muller, e o que fixen foi sacar algunhas cousas de revistas online tipo cosmopolitan etc, que están básicamente enfocadas á muller. Non é que quixera facer un evento sobre a moda e a beleza, e pense que iso só se aplica á muller. De calquer xeito, como comento, do que se trata é de que a través de GalegoLab organicemos tamén actividades non centradas no galego, senón sobre calquer outra temática pero que se organicen naturalmente en galego. Se queremos atraer neofalantes, claro. Se queremos que veñan os de sempre, xa convencidos...

Preguntado o anterior, a idea non me parece mal sempre que se fale de moda, saúde e beleza pero sen distinción de xénero. Como o ves? 14 de xuño de 2010 ás 16:18 por Maria Yáñez

como dixen, o que propoño é facer un evento en galego adicado á muller, non á moda ou a beleza, E tamén comentei que seguro que a máis de un de nós nos vai interesar... De todos xeitos, se o preferides anunciar sen distinción de xénero, por min sen problema. Ó contrario.

eu optaría por facer unha semana da moda e da beleza (tanto feminina como masculina) apartada dos circuítos normais deste tipo de eventos, onde (casualmente) só se emprega o castelán.
eu poño toda a miña disposición para a organización. 15 de xuño de 2010 ás 14:29 por boutade__

xenial! Se queres podes facerte cargo da idea pra que deixe de figurar orfa. Eu colaborarei tamén en todo o que poida. Vistas as suxerencias, deixo a idea como 'semana da moda e a saúde' 'a secas'.

Canto diñeiro, persoas e material precisades para poñelo en marcha? 2 de xullo de 2010 ás 14:03 por Maria Yáñez

eu comezaría por atopar persoas que estivesen dispostas a colaborar na organización, así como certos patrocinios. e comezar a estimar o nivel de impacto e o nivel de implicación dos participantes. así, o diñeiro necesario sería o preciso para a xestión da organización e a comunicación, sobre todas as cousas. as persoas: creo que cun equipo de catro persoas para poder planificar a organización sería o primeiro paso que se debería solucionar. e entre os primeiros pasos nos que se podería pensar é o espazo no que se podería desenvolver o evento.
Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Valoración da idea

  • 4% (1)Sen dúbida, o mellor
  • 18% (5)Paréceme xenial!!
  • 14% (4)Mola moito
  • 21% (6)É interesante
  • 18% (5)Non está mal
  • 25% (7)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza