GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Selo de calidade GalegoLab

Selo de calidade GalegoLab

Creada e xestionada por caralladas | 27 de xuño de 2010 ás 13:18

Crear un 'selo de calidade' para negocios e establecementos comerciais que usen o galego como lingua normalizada e habitual na súa publicidade, carteis, productos, atención ó público, etc.
Coa axuda dos usuarios de GalegoLab, ir elaborando unha lista de comercios e empresas que utilicen o galego con normalidade. Por exemplo, elaborar unha lista por sectores, e dentro de cada sector asignar un grupo de xente que se encargue de facer unha lista das empresas ou comercios que destacan polo seu uso habitual da língua (i en que eidos: publicidade, atención ó público, etc). Crearíase un 'selo de calidade GalegoLab' que se colocaría á entrada dos establecementos correspondentes como recoñecemento á súa colaboración.

Cales son as necesidades

Sobre todo, un exército de colaboradores:

- podemos facer unha distribución por sectores económicos para as grandes empresas, de xeito que se lle asigne a un grupo de xente un sector concreto, e nese eido fagan unha lista de empresas e para cada unha delas indiquen 'si/non' se usan o galego nunha serie de campos: publicidade, atención ó público, etiquetado dos productos, carteis, etc.

- habería que facer tamén unha segunda distribución por cidades e vilas para que se faga o mesmo entre pemes locais.

- deseño do 'selo'

- impresión dos 'selos' a pegar nos establecementos premiados e que queiran colaborar

- e por último, máis xente disposta a facerlle chegar ás empresas ou comercios o 'selo de calidade GalegoLab' cando lles sexa outorgado.

- nalgúns casos viría ben darlle publicidade nos medios, de xeito que se publicitase en prensa a entrega do 'selo' nalgúns casos máis relevantes. Nese caso, non estaba de máis que a persoa de GalegoLab que outorga o premio sexa unha personaxe de relevancia no pais.

Cales son os obxectivos

- Potenciar o uso do galego a nivel empresarial e comercial.
- Que os que defendamos o galego teñamos un 'selo de garantía' recoñecido por todos dos comercios e empresas que usan o galego con normalidade, de xeito que poidamos discriminar positivamente aqueles que o fan.
- Para os comercios sería un xeito de potenciar positivamente a súa imaxe entre os consumidores.
- A visualización do selo á entrada do comercio facilitaría ao usuario o recoñecemento de xeito inmediato.

O básico: cando, onde, para quen...

A duración pode ser idefinida. De feito, podería irse facendo pouco a pouco de xeito que cada vez que alguén reciba o 'selo de calidade GalegoLab' no seu sector, se lle faga algún tipo de recoñecemento. Esto é secundario ou a discutir entre todos, pero sería unha posibilidade.

Cal é o prazo de execución

Comezamos cando queirades, e a partir de ahi de xeito indefinido no tempo.

A miña propia contribución

Eu colaborarei en toda a organización, por exemplo a distribución dos sectores e vilas a analizar, e os cuestionarios a encher polos colaboradores de GalegoLab, etc.

Lugar de realización

Todo o pais

Preguntas realizadas sobre esta idea

O nome 'e final? Preoqupa-me qe poda ser entendido qomo un xuiso sobre a qalidade do produto ou serbiso oferesido polos estabelesementos 'preñiados' 28 de xuño de 2010 ás 01:51 por Estevo

Non, non é final. Nada é final en GalegoLab cando se plantexa inicialmente unha idea, porque seguro as imos mellorar entre todos. A proposta de Estevo, alguén quere propoñer outros nomes para o selo?

(Isto non 'e uhna pergunta.)

Na mensaxe anterior qeria esqreber "premiados", non "preñiados". Non sei se tes posibilidade de edita-la. Desqulpas, esqrebo desde o mobil. 28 de xuño de 2010 ás 10:23 por Estevo

Coido que non, pero queda dito. Grazas. Un saúdo.
Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Valoración da idea

  • 19% (5)Sen dúbida, o mellor
  • 65% (17)Paréceme xenial!!
  • 8% (2)Mola moito
  • 8% (2)É interesante
  • 0% (0)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza