GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Recuperar flocos.tv

Recuperar flocos.tv

Creada por dorfun | 1 de marzo de 2011 ás 10:29

Etiquetado como video, Internet, web, audiovisual, flocos.tv

Reabrir un espazo como flocos.tv e permitir ademáis a inclusión de máis obras públicas e ou privadas co permiso explícito dos seus autores nun proxecto sen ánimo de lucro.
Despois do peche de flocos.tv e da desaparición na rede dun espazo onde poder ver obras audiovisuais de carácter xeral, de calidade, en galego e sen custos é preciso recuperar un escaparate tan importante para o país como este.
A idea consiste en solicitar ás autoridades pertinentes a recuperación de todo o material e os permisos para a reprodución dos mesmos.
Unha vez recuperado o espazo comezar unha segunda fase na que os autores e autoras de producións audiovisuais podan subir as súas propias pezas.
O proxecto manterase sempre sen ánimo de lucro salvo os gastos derivados de manter o servizo web activo.

Cales son as necesidades

Contactar coas persoas responsables na actualidade de flocos.tv e que permitan a recuperación do portal e a reprodución dos contidos existentes na web.
Persoal técnico para a xestión e coordinación do espazo web.
Financiación para o mantemento da plataforma web (hosting, servidores, etc.)
Abrir un espazo para a colaboración pública de persoas autoras, editoras, etc. do audiovisual galego para que engadan máis obras.

Cales son os obxectivos

O obxectivo é claro e único: recuperar un espazo tan importante para a sociedade galega como flocos.tv

O básico: cando, onde, para quen...

A idea ten o mesmo público obxectivo que o flocos.tv: a comunidade galega en xeral.
É necesaria unha autorización das produtoras, autores, etc. dos contidos existentes para poder recuperar todo o material que agora non se pode ver.
Buscarase financiación mediante doazóns, axudas, etc. para sufragar os gastos que conleve a reactivación técnica da web (servidores, conexións, etc.)
No momento no que a web estea activa de novo haberá un pequeno equipo de coordinación e xestión técnica da web.

Cal é o prazo de execución

Se se cubren os puntos requiridos nos próximos dous meses.

A miña propia contribución

Coordinación e certa axuda técnica para a posta en marcha do espazo.

Lugar de realización

Internet

Algo máis que dicir?

Probablemente haxa puntos importantes que esqueza na descrición pero para iso están as vosas achegas.

Preguntas realizadas sobre esta idea

Podíanse unir esforzos coa asociación de Chuza, semella unha iniciativa parecida con semellantes problemas a resolver. 1 de marzo de 2011 ás 15:52 por Sak

Se ás necesidades de hosting nos referimos sí que podería optarse por unha colaboración. En canto a "fusionar" chuza.gl e flocos.tv non vexo eu a vinculación posible, pero pode que exista.

un primeiro paso: preguntar a asociacións profesionais (asociacións galegas de Guionistas, Productores, etc) cal é a súa opinión e a disponibilidade para traballar no asunto. Acabo de facelo coa AGAG. 30 de marzo de 2011 ás 00:01 por xabierviana

Paréceme un bo punto de partida. Agora só queda agardar respostas positivas de esta ou calquera outra acción. Grazas Xabier!

E que tal sería facer unha canle en Youtube?. Se usamos esa infraestrutura e hosting só habería que adicarse a buscar os contidos. 19 de setembro de 2011 ás 10:25 por Elisardojm

Esta pode ser unha solución fácil e viable, pero penso que o fin último e recuperar o funcionamento de flocos.tv

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea orfa

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.
Quero xestionar esta idea

Os motivos polos que quero facerme cargo dela son:

A idea ten como límite pasar a proxecto en 13 meses e 9 días

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 74% (35)Sen dúbida, o mellor
  • 23% (11)Paréceme xenial!!
  • 2% (1)Mola moito
  • 0% (0)É interesante
  • 0% (0)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza