GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Que Google Translate teña opción de escoita en galego

Que Google Translate teña opción de escoita en galego

Creada e xestionada por Xavier | 6 de marzo de 2011 ás 02:16

Etiquetado como galego, fonética, lingua, internte, traducción, aprendizaxe

A lingua galega está marxinada nunha multitude de campos, neste caso expoño un exemplo, que é o da páxina de traducción de Google (Google Translate), que non permite escoitar as palabras ou frases en galego que pides traducir a outros idiomas, cando por exemplo o catalán si aparece.
A páxina de traducción do Google (Google translate), utilizada por millóns de persoas, ten a opción de escoitar o traducido falado por un programa electrónico. Dita opción aparece para case todos os idiomas agás o galego. Só necesitarían a alguén que lles ensinase a fonética galega. Ocorre algo semellante cando queres traducir algunha palabra ou frase nalgunha das moitas páxinas de traducción que existen na rede, en moitos dos casos a opción de traducir ó galego é inexistente, sen embargo si aparecen o euskera e catalán, así e todo estas páxinas tan só ofrecen a posibilidade de traducir, sen poder coñecer a fonética do traducido, algo esencial e indispensable para quen desexe aprender o galego. Ó igual que nas follas de instrucción de miles de aparatos,aplicaións,xogos,etc.. nas que aparecen diversos idiomas, e tamén o galego está marxinado, ainda que este tema daría para outra "idea" a propoñer.Tamén aparecen erros en moitas traduccións(exemplos: castelan-galego: hasta luego=adeus ; sin embargo=con todo, semella que utilizan o portugués como aproximación de posible traducción ó galego). Non sei se as diferentes páxinas utilizan unha mesma base de datos ou non, polo que se solucionamos o problema da páxina de Google, quizais se extrapole ás outras páxinas.

Cales son as necesidades

-Xente que sepa tratar casos desta índole, con empresas coma Goolge, que xa é algo máis ca un motor de búsqueda.
-Expertos na lingua galega
-Xente coa motivación necesaria para que esta idea continúe ata que sexa unha realidade
-Apoio de cantos máis mellor

Cales son os obxectivos

1 Non coñezo o protocolo a seguir nestes casos, por iso comezo por expoñer isto ante todos vós, que de seguro entre todos haberá alguen que sepa como vai isto.
2 Que lles solicitemos ós responsables da aplicación a incorporación de esta opción.
3 Que se solucionen ós erros nas traduccións.

O básico: cando, onde, para quen...

1 A todo aquel que se implique na divulgación da nosa lingua, e que teña a inquietude de poder participar na mellora de algo por Galiza
2 A Google Inc.
3 É de duración permanente o resultado. A proposta é de duración determinada polo resultado da mesma, ou sexa da implicación da xente.

Cal é o prazo de execución

En canto alguén interesado no tema, e con coñecemento dos pasos a seguir teña a vontade de poñerse a traballar, incluso facelo directamente, sen ter que contactar comigo nin dar explicaións nesta páxina.

A miña propia contribución

-Non moito, xa que non son unha persoa de idioma materno galego-falante. Aprendín co paso do tempo. É máis, estou seguro de que xa levo escritos algúns errores gramaticais ata o de agora, e precisamente po-la falta de recursos que habitualmente atopamos na rede non me podo asegurar de que o estou facendo ben, por iso pido axuda para que no futuro calquera que o desexe poida mellorar, incluíndome entre eles.
-O que si que podo facer é comprometerme a facer un seguimento e difundir entre os meus coñecidos non só a miña idea senon que coñezan esta páxina, que a considero de grande utilidade e moi instructiva.
- Como xa comentara anteriormente coñezo outras páxinas de traducción, algunhas coa opción de escoitar o traducido outras sen esa opción. Podo facer un estudo de cales son esas páxinas en concreto para asi ampliar esta mellora, que en principio tan só vai dirixida a Google Translate.
- Facer búsquedas de traduccións erróneas (que as hai e moitas) para reportalas.

Lugar de realización

Nesta mesma páxina, galegolab.org, e na páxina web de google: http://translate.google.com/

Algo máis que dicir?

Este é un tema crucial, xa que a identidade galega non se pode separar da lingua, e se nos queremos facer respetar como nación, coa nosa cultura, política, ideoloxía, raza, tradicións,etc. debemos de ir dando pasiños coma este que sirve non só coma detalle insignificante de que aparezcamos nunha lista de linguas a optar para traducir algo, senon que de seguro será unha ferramenta que axudará a xente coma min a millorar e perfeccionar esta a nosa fermosisima lingua que temos o deber de transmitir a futuras xeracións. ¿E como vamos a facer iso si nin na escola nin nosos pais nos ensinaron correctamente? Somos unha xeración que ten a sorte de poder aprender o que queira gracias á internet, pois poñamos os galegos todalas ferramentas posibles ó alcance da xente que as necesita ou anda a súa procura.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

A idea ten como límite pasar a proxecto en 12 meses e 24 días

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 28% (5)Sen dúbida, o mellor
  • 56% (10)Paréceme xenial!!
  • 6% (1)Mola moito
  • 6% (1)É interesante
  • 0% (0)Non está mal
  • 6% (1)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza