GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Portal da fonética galega

Portal da fonética galega

Creada por Pablo e xestionada por Diego de Sousa Lorenzo | 19 de xuño de 2010 ás 14:16

Etiquetado como galego, portal, web, fonética, lingua, colaborativo, audio

Crear un portal web que recolla todo tipo de aspectos sobre a fonética galega, especialmente audio, para contrarrestar o incremento da fonética castelá no galego oral actual.
A idea é crear un portal web colaborativo que trate amplamente o tema da fonética galega desde un punto de vista práctico, non teórico, ainda que se inclúa unha parte teórica.
Podería meterse unha pequena parte de fonética e fonoloxía teóricas, levada a poder ser por lingüistas ou afeccionados á lingüística, onde expor as bases teóricas da fonética galega.
Outra parte importante podía ser meter exemplos de gravacións da tele, radio e internet (ou ligazóns a elas) de xente falando, para que os internautas comenten os erros fonéticos.
Outra parte podería consistir en que cada quen subise o seu audio/video simplemente falando (ou lendo) para poder dar exemplo da súa fonética ou ben preguntar sobre a corrección da súa fonética. Poderían facerse votacións sobre a fonética dos audios subidos.
Hai outra idea por aquí de unha web de acentos galegos, se cadra podíanse xunguir ambas.

Cales son as necesidades

- Alguén que deseñe e cree o portal
- Un sitio web onde colgar o portal
- Xente que colabore no mantemento do portal e na revisión dos comentarios e achegas que se inclúan nel
- Alguén que cree ou axude a crear a parte teórica e que supervise a corrección (fonética, fonolóxica, etc.) dos contidos.
- Publicidade en internet do portal (por exemplo en chuza, vieiros, etc.)

Cales son os obxectivos

- Elevar a importancia que se lle dá á fonética galega, que actualmente é moi pouca.
- Dispor de un sitio ao que recorrer para consultar dúbidas de usos fonéticos e de corrección de hábitos fonéticos do castelán.
- Axudar aos galegofalantes a saberen qué aspectos da súa fonética son considerados correctos ou auténticos polos demais e cales son considerados castelanizados ou dialectais.
- Axudar á xente que fala en público a que se decate da importancia da fonética que utilizan e que aprenda como mellorala.
- Recompilar nun sitio web todos os aspectos relacionados coa fonética galega.

O básico: cando, onde, para quen...

O portal da fonética galega iría dirixido a todos os galegofalantes, especialmente aos neofalantes que falan galego con fonética castelá, pois en moitos casos os neofalantes se preocupan de falar un galego \"lexicalmente\" correcto, mais esquecen que case é máis importante que sexa fonética e sintácticamente correcto.
Tamén pode ir dirixido aos profesionais da tele e da radio, políticos, etc., para que tomen nota dos seus erros e os poidan corrixir. Para iso habería que ser moi, moi respectuosos coas críticas a eles.
A duración, ao ser un portal web, é indeterminada. Ademáis, ao ser colaborativo, durará o que os internautas queiran que dure.

Cal é o prazo de execución

Cando estea dispoñible o portal.

A miña propia contribución

Podería facer un deseño completo das partes e contidos do portal.

Preguntas realizadas sobre esta idea

Acho que nas necesidades falta ter algun experto en questons fonol'oxicas, para axudar coa parte teorica, por mais que o 'enfase estexa na pratica, e para supervisar que o web non caia en hipercorrezons ou outros erros? 16 de xullo de 2010 ás 06:48 por Estevo

Tés razón. Puxen xente para controlar as achegas da xente, pero habendo unha parte teórica sería necesaria unha persoa que a crease ou polo menos axudase a creala ou a orientase. Vouno incorporar. Graciñas.

Eu penso que esta idea xa se está a facer hai moito tempo: Arquivo sonoro de Galicia, http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.php 24 de xullo de 2010 ás 00:12 por caralladas

Agora que o comentas, non coñecia eu ese proxecto... De todolos xeitos eu non son o creador deste proxecto so vin a idea e pensei que podería axudar. Meu proxecto realmente é o de ognr.org

Podedes aproveitar o primeiro paso dado en http://www.phonogal.net/ 27 de xaneiro de 2011 ás 19:10 por dorfun

gracias, tereino en conta aínda que isto está un pouco paradiño

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 17% (5)Sen dúbida, o mellor
  • 27% (8)Paréceme xenial!!
  • 23% (7)Mola moito
  • 20% (6)É interesante
  • 10% (3)Non está mal
  • 3% (1)Non me mola

Que está pasando?

O usuario cockgz valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

hai un día

Aprobouse unha nova idea Historia en Rede

hai 3 días

Uniuse a GalegoLab:

Francisco Castro

27 de xaneiro ás 16:11

Uniuse a GalegoLab:

Ollo Parabólico

22 de xaneiro ás 16:44

Uniuse a GalegoLab:

raeu

18 de xaneiro ás 18:10

Uniuse a GalegoLab:

david

18 de xaneiro ás 11:05

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza