GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Pacto de Oxford

Pacto de Oxford

Creada e xestionada por Laura | 13 de xuño de 2010 ás 14:57

Etiquetado como galego, Oxford, congreso, pacto, intercambio, movemento

Congreso internacional sobre o estado do galego
A idea á xuntar na cidade de Oxford a toda canta xente queira participar nun congreso de tres días sobre o estado da lingua en distintas areas da sociedade (escola, xustiza, industria editorial, etc.)
Xuntando asi académicos, activistas, sindicatos, equios de normalización, representantes de asociacións, etc.
A idea e crear un debate, intercambio de ideas, e proxectos, actividades, etc.
O obxectivo final é asinar un pacto extragobernamental de colaboración polo galego, superando diferenzas entre grupos, co fin de traballar xuntos pola lingua.

Cales son as necesidades

-Comité científico: Organizadores do evento, debería ser un representante de cada asociacion, un representante de cada facultade.
-Comité de organización: encargado de organizar aspectos practicos (lugares, hoteis, transporte, etc.)
-Páxina web onde se explique o programa, call for papers, rexistro, etc.
-Imprenta para deseño e impresión de programas, acreditacións, etc.

Cales son os obxectivos

-Posta en comun de practicas a prol do galego.
-Intercambio de ideas.
-Superación de diferenzas.
-Sianatura dun pacto polo galego.

O básico: cando, onde, para quen...

vai dirixido a: todos os ambitos de uso do galego, asociacions polo galego, editores, equipos de normalización, académicos, etc.
duración: tres dias

Cal é o prazo de execución

Xuño de 2011

A miña propia contribución

-Parte do comité científico.
-Parte do comité organizador.
-Dirección xeral do proxecto.

Lugar de realización

Oxford

Preguntas realizadas sobre esta idea

Porqe Oxford, se a maior parte dos interesados estan na Galisa? So porqe soa mais prestixioso? Qe pailanada.. 14 de xuño de 2010 ás 10:51 por Estevo

O de Oxford podería ser Laponia ou Ribadeo. Básicamente eu traballo en Oxford, e me gstaría coordinar o proxecto. Ademais se o fago como parte do meu traballo, poderíase investir neste proxecto cartos cos qeu xa contamos para a organización de actividades deste tipo.

Onde esta o "faser" nesta ideia? 14 de xuño de 2010 ás 10:54 por Estevo

Poderías ser máis explícito na túa pregunta?

Por que em Oxford? 14 de xuño de 2010 ás 13:41 por chimpin

En Oxofrd, porque é onde traballo, e porque conto coa loxística suficiente para poder organizalo.

Outro Congreso? Por que en Oxford? 14 de xuño de 2010 ás 16:20 por Maria Yáñez

Outro congreso, si... Penso que sería interesante como foro de debate, sen maiores pretensións. Podería enfocarse como un de tantos, é certo.

Vexo os obxectivos un pouco abstractos, poderíalos concretar? 14 de xuño de 2010 ás 16:21 por Maria Yáñez

Sería un foro de debate. Os obxectivos serían falar do estado das cousas. Non é máis ambicioso ca iso.

Intrígame saber o motivo da escolla de Oxford como lugar de encontro.
Non pode supor dificultades organizativas importantes? 14 de xuño de 2010 ás 19:23 por begouteiro

Si, por unh abanda pode supoñer dificultades organizativas, desde o punto de vista economico, pois quen veña tería que pagar viaxe e aloxamento. Por outra banda, os congresos son caros, mais á xnte qeu acode compénsalles por cousa de publicacions, relacions, etc. En Snatiago hai en setmbro un congreso de literatura infantil que custa 400 euros a matricual, se iso é posible, este congreso moito mais modesto, tamén.

Obrigado por responder a minha pregunta, qe por outra parte formulara de xeito desnesesariamente agresibo. As minhas desqulpas por iso. 16 de xuño de 2010 ás 10:47 por Estevo

Desculpas aceptadas, non se preocupe e faga todas as preguntas que precise.

¿Non resulta demasiado dificultoso de organizar para o resultado final? 16 de xuño de 2010 ás 13:37 por Lemavo

Realmente non, a conclusión deste proxectos e´rian unhas actas ou libro. De feito xa oubo un congreso de estudos galegos en Oxford, e tivo moi boa acollida.

Canto diñeiro e cantas persoas ou horas de traballo se precisan? 2 de xullo de 2010 ás 13:45 por Maria Yáñez

Pois os cartos, uns 3.000 euros, pero contaríamos con axudas para este proxecto a apoio de algunha institución. Persoas, unhas cinco, para o comité organizador.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 9% (3)Sen dúbida, o mellor
  • 3% (1)Paréceme xenial!!
  • 14% (5)Mola moito
  • 29% (10)É interesante
  • 17% (6)Non está mal
  • 29% (10)Non me mola

Que está pasando?

O usuario cockgz valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

hai un día

Aprobouse unha nova idea Historia en Rede

hai 3 días

Uniuse a GalegoLab:

Francisco Castro

27 de xaneiro ás 16:11

Uniuse a GalegoLab:

Ollo Parabólico

22 de xaneiro ás 16:44

Uniuse a GalegoLab:

raeu

18 de xaneiro ás 18:10

Uniuse a GalegoLab:

david

18 de xaneiro ás 11:05

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza