GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Onde carallo está Galicia?

Onde carallo está Galicia?

Creada e xestionada por Óscar Núñez Aguado | 11 de xuño de 2010 ás 15:18

Etiquetado como baile, video, Galicia, Internet, lugares, muiñeira, Rodaxe

Trátase dun proxecto de vídeo colaborativo para dar a coñecer lugares de interese da nosa xeografía ao estilo do famoso vídeo de Internet "Where the Hell is Matt?".

A idea básica é amosar localizacións e xente da nosa terra dun xeito lúdico e musical.
A lingua é parte fundamental da nosa cultura, mais tamén o son os lugares e a xente. As palabras son unha ferramenta moi útil para expresarnos e comunicarnos, mais está demostrado científicamente que a maior parte da información que intercambiamos as persoas cando interactuamos é non verbal, o que inclúe xestos, miradas, posturas, movementos, bailes, etc.

Este proxecto non está centrado nas palabras (salvo aquelas que definen os lugares que se amosen: topónimos, descricións, etc.), senón noutras expresións ben importantes da nosa cultura: a música, o baile, a xeografía, a arquitectura, a xente.

Consiste en facer un vídeo colaborativo con xente bailando a muiñeira en diferentes sitios de Galicia, ao estilo do vídeo "Where the Hell is Matt?" (http://www.youtube.com/watch?v=zlfKdbWwruY ) do que parte a idea, coa intención de facer unha sorte de versión galega ou galeguizada.

É un proxecto aberto a todo o mundo. Calquera pode colaborar cun fragmento de vídeo. E para animarvos a facelo aquí vos deixo un boceto de cómo podería quedar, aínda que cun só vídeo dun único lugar:

http://vimeo.com/12527046
(Có permiso de GalegoLab por usar o seu logo nos créditos)

ACTUALIZACIÓN: Unha colaboración dende Silleda: http://www.youtube.com/watch?v=zdjspVgUwBo )

Atréveste a colaborar có teu fragmento de vídeo?

- Primeiro. Tes que elexir un lugar que che guste ou queiras amosar. Pode ser unha paisaxe ou un lugar emblemático, unha praia, un bosque, un monte, un edificio, unha rúa ou unha praza das nosas cidades, pobos e aldeas, un bar ou algún outro interior interesante, ou en definitiva calquera localización que teña algo especial para tí e para quen poida ver o vídeo.


- Segundo. Tes que gravar un vídeo, o pedirlle a alguén que che grave, bailando no centro da imaxe. Recoméndase un plano fixo mais tes total liberdade. Podes saír tí só, con outra persoa ou cun montón de xente, tanto da. A diferencia do vídeo orixinal non sería necesaria a aparición da mesma persoa para darlle continuidade ao vídeo. O baile ten que ser con actitude divertida e lúdica e pode ser calquera cousa, aínda que por aquilo de difundir a nosa cultura proponse como primeira suxerencia que bailes/bailedes unha muiñeira. Que non sabes? Tanto da, o importante é divertirse tentándoo. Que queres aprender? Entón recomendámosche o manual Bailabén. En canto á duración do vídeo, 1 minuto ou menos é máis que suficiente.


- Terceiro. Agora terás que compartir o vídeo có mundo. Deberás subilo a algunha web de vídeos coma por exemplo Vimeo, Youtube, etc. É importante que na descrición do vídeo poñas o nome ou descrición da localización onde foi gravado. Por exemplo: "Porta de Santiago. Muralla Romana. Lugo", "Monte Tahume. Porto do Son", "Pórtico da Gloria. Catedral de Santiago de Compostela", "As Burgas. Ourense", "Monte de San Pedro. A Coruña", "Ponte de Rande. Vigo", "Faro da Illa de Ons", etc. etc. É importante tamén que o vídeo sexa descargable por terceiros. Por iso (e por outras cousas) recomendamos nun principio que o subas a Vimeo coa mellor calidade posible, aínda que dende outros sitios tamén se podería descargar usando ferramentas como Video Download Helper.


- Cuarto. Envíanos a ligazón do vídeo á nosa dirección de correo electrónico: rodaxe@gmail.com. Revisarémos o vídeo e engadirémolo a un listado público na páxina do proxecto (posiblemente en http://rodaxe.info ). Ademáis engadiremos a túa dirección de correo electrónico a unha lista de distribución para que poidas seguir informado dos seguintes vídeos que se engadan. (Por suposto desta lista poderaste borrar cando queiras)


- Quinto. Cando haxa suficientes vídeos faremos unha montaxe con aqueles fragmentos que máis nos gusten, etiquetando cada un có lugar onde foi gravado e acompañados de música galega, probablemente unha muiñeira. Inicialmente proponse a de Chantada aínda que pode ser calquera outra. Este vídeo subirase á rede e difundirase o que se poida. E se non che gusta a nosa montaxe, como todos os vídeos estarán dispoñibles a través da páxina do proxecto, sempre podes facer a túa propia montaxe e enviárnola tamén para que a difundamos conxuntamente.


Por último, en canto á duración, o proxecto, non tería porqué ter data de fin concreta mentres siga habendo xente que mande vídeos, lugares por amosar, etc. E se se chega a un volume importante de vídeos poderíase pensar en clasificalos dalgún xeito para facilitar o acceso e facer así máis montaxes máis personalizadas (por zonas, natureza, cidades, provincias, comarcas, grupos ou individuos, etc.). Incluso poderíase abrir á emigración, a lugares fora de Galicia, no estranxeiro, coa idea de que "Galicia está alí onde haxe un galego ou unha galega".

Cales son as necesidades

1. Difusión e participación

2. (Opcional) Estaría ben dar algún incentivo para fomentar a participación, coma un sorteo mensual/trimestral dalgún regalo (camisetas, etc.). Poderíase tentar acadar algún apoio económico para isto.

3. (Opcional) Molaba ter un logo ou deseño para o proxecto (para imprimir nas camisetas ou regalos)

4. (Opcional) Se o proxecto crece estaría ben dispoñer dun servidor propio e automatizar, na medida do posible, a xestión dos vídeos, lista de correo..

Cales son os obxectivos

1. Divertirse

2. Dar a coñecer a nosa xeografía e lugares de interés. Podería chegar a ser unha ferramenta de difusión turística.

3. Aprender a bailar a muiñeira? :)

4. Animar a que a xente monte o seu propio vídeo cós fragmentos que máis lle gusten

O básico: cando, onde, para quen...

Dirixido cara a todo o mundo. Calquera pode participar enviando o seu vídeo. Canta máis variedade mellor.

Aberto no tempo, sen data de fin definida.

Cal é o prazo de execución

Dende xa mesmo! Podería comezar en canto se dispoña dos primeiros vídeos

A miña propia contribución

1. Xestionar e publicar a lista de vídeos enviados nunha web (posiblemente http://rodaxe.info ). O listado básico pódese complementar cun mapa de Google que sitúe o lugar amosado en cada vídeo.

2. Xestionar a lista de correo dos participantes e enviar periódicamente un correo coas novidades (novos vídeos, novas montaxes..)

3. Difusión do proxecto na medida do posible e proxección pública dos resultados.

Algo máis que dicir?

Máis información en http://talleraudiovisual.pbworks.com/Onde-carallo-est%C3%A1-Galicia

Alí atoparás algunhas ligazóns de interese, e outros vídeos, aparte do orixinal, como un que fixeron uns rapaces de Bizkaia e que tivo moito éxito na rede: http://cybereuskadi.com/bizkai-dubidubi

Preguntas realizadas sobre esta idea

Xa sabia eu que vira esa idea nalgún sitio. O video do home ese mola moito. Unha proposición alternativa que se podia facer é organizar e gravar un único video con toda a xente de galegolab que se apunte!! 11 de xuño de 2010 ás 17:20 por caralladas

O vídeo do Matt xa leva uns anos rulando. Hai unha web onde se pode atopar máis información sobre o seu proxecto: http://www.wherethehellismatt.com/. E sobre a idea de facer unha versión galega, quizáis non sexa algo moi orixinal, a fin de contas, como de calquera cousa que ten éxito en Internet, sempre acaban aparecendo réplicas e copias. Pero igual paréceme que podía ser interesante. Sobre o que propós de facer un vídeo coa xente de GalegoLab, paréceme un xeito estupendo de comezar :)

Algo así, pero no canto de Ribadeo en toda Galicia, e bailando unha muiñeira en vez de axitar luvas rosas? http://www.youtube.com/watch?v=_zVzomfVSaQ 11 de xuño de 2010 ás 18:37 por Certo

Algo así, pero amosando lugares de toda Galicia e etiquetando o lugar con subtítulos no vídeo. A idea é que quen queira participar grave o seu cachiño de vídeo, o suba a Internet e nos envíe a ligazón, para que logo calquera poida descagar os vídeos que lle gusten e facer tamén a súa propia montaxe. Moi boa iniciativa o de Ribadeo. Non é o mesmo, pero no IES Pintor Colmeiro de Silleda fixeron algo parecido: "Galegando Lipdub" (http://www.youtube.com/watch?v=X9ctjGe5iAQ). Tamén se achega un pouco á niciativa do "Flashgalego" (http://galegolab.org/idea/flashgalego/). Lipdubs, flashmobs e outras iniciativas colaborativas similares son bastante populares en Internet.

Podes facer o que che pete con este vídeo sobre Froxán (O Courel)
http://www.youtube.com/watch?v=ag_dlVnEzFU 13 de xuño de 2010 ás 00:25 por Gamela

Moitas grazas polo aporte! Espero que se vaian solucionando os problemas que amenazan a este paraíaso natural que é a Serra do Courel. O Courel, Éste, sen dúbida, debería ser un dos lugares que apareza no vídeo, pero a idea é elexir un único plano é que alguén saia bailando no centro da imaxe, ao estilo deste vídeo piloto: http://vimeo.com/12527046 Animádesvos a facer a vosa contribución cun novo vídeo? ;)

En canto teña tempo para dar unha voltiña polo Courel mándovos algo coa Muiñeira de Chantada. Por certo bastaría coas imaxes aínda que non teña son? 13 de xuño de 2010 ás 19:02 por Gamela

Xenial! Basta coas imaxes, pero terás que subilo Internet (En Vimeo.com por exemplo) e mandarnos a dirección do vídeo a rodaxe@gmail.com para que logo nós o poidamos descargar e engadilo á montaxe final.

Eu tinha umha ideia similar, mas tirando o folc e fazendo-o com música mais moderna (nom tinha ideia de qual). Algo como isto:
http://vimeo.com/12236680 14 de xuño de 2010 ás 13:47 por chimpin

Mola o vídeo! Pero xa é algo moi profesional que se escapa das nosas posibilidade (ou das miñas polo menos). Sobre o de montalo con outra música, non hai ningún problema, pódense facer tantas montaxes como se queira. A exposta aquí só é unha proposta, o importante é que haxa qué montar, é dicir, vídeos de xente que se anime a participar.

Conta con nos para apoiar a idea: http://latri.ca 15 de xuño de 2010 ás 12:34 por latri.ca

Moitas grazas! Veño de crear o usuario rodaxe en Latrica e de publicar a primeira mensaxe :)

Cantos videos consideras suficientes para dar o proxecto por conseguido? 2 de xullo de 2010 ás 13:37 por Maria Yáñez

Cantos mais mellor, asi poderianse facer distintas montaxes. E como minimo, para montar un video de entre 3 e 4 minutos, a uns 5 segundos por fragmento, calculo que poderian facer falla uns 40. (Nos proximos dias hei actualizar un pouco a idea con algun engadido para animar a participar)

Conta co apoio de www.ognr.org , habería que facer unha escolma dos lugares que se precisan non si? 27 de xullo de 2010 ás 16:06 por Diego de Sousa Lorenzo

Graciñas! Poderíase facer unha lista de lugares emblemáticos sí, como unha suxerencia, pero non sería necesario, calquera participante podería enviar o seu propio vídeo dende o lugar que lle guste, aínda que non sexa un dos típicos, con tal de que o identifique.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 4% (2)Sen dúbida, o mellor
  • 27% (13)Paréceme xenial!!
  • 27% (13)Mola moito
  • 21% (10)É interesante
  • 4% (2)Non está mal
  • 17% (8)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza