GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

O galego na rede | Ognr.org

O galego na rede | Ognr.org

Creada e xestionada por Diego de Sousa Lorenzo | 27 de xullo de 2010 ás 01:15

Etiquetado como galego, ognr, rede, comunidade, foro

A comunidade da rede en galego na que somos galegos e vivimos en galego.
A idea a grandes trazos é unha comunidade na que os usuarios se coñezan, compartan, discutan (sempre de xeito respectuoso e cordial), aprendan, practiquen o galego, descubran e sobretodo disfruten facéndoo en galego.

De ningún xeito se pensou crear este portal/foro/comunidade para defender a ningún partido político e queremos intentar ser o máis obxectivos posibles coa idea de xeito que sexan os propios usuarios os que den as súas opinións e seus ideais.

O foro vai ser sempre dentro do posible obxectivo, non é máis ca un entorno no que desenvolver certas actividades. É por así dicilo un medio que permite facer este tipo de cousas.

A web usa un xestor de contidos (CMS) que é Phpbb3, cun diseño creado e optimizado por Zar ( fundador da comunidade). Co tempo implementarase unha portada con máis información e adoitarase un servidor con cabida a máis tráfico.

Cales son as necesidades

Cartos para publicidade
Cartos para os sorteos
E sobre todo xente que queira aportar algo.

Cales son os obxectivos

Acadar un mínimo de tráfico diario
Darlle dinamismo á comunidade
Facer máis sorteos/concursos
Manter o foro
Publicar reportaxes

O básico: cando, onde, para quen...

Ognr.org vai dirixido a calquer galego falante ou persoa que queira practicar/aprender galego.

Cal é o prazo de execución

O proxecto leva en pe case dous anos, e o que lle queda...

A miña propia contribución

Unha web programada e optimizada para buscadores, coñecementos como para manter e renovar segundo as necesidades e capacidades para administrala e promocionala.

Paguei o proxecto ate agora que Dinahosting ofreceuse a patrocinar o proxecto.

Lugar de realización

www.ognr.org

Preguntas realizadas sobre esta idea

Non hai xa moitos foros para ler/escribir en galego? Non sería máis útil unha web na que que a xente puidese practicara falar e escoitar? Tipo Chatroulette, ou botando mau de Skype... 2 de agosto de 2010 ás 11:16 por Maria Yáñez

Para falar e escoitar temos xa o dia a dia, a rúa, a xente cara a cara, etc. O que se pretende non é ser un foro máis, senón un foro mellor. Temos moitos proxectos en mente ademais dos que xa estamos facendo. Un trivial especial, unha revista dixital, un xogo de rol (baseado nos castros celtas), e moito máis. O de falar e escoitar podería ser un proxecto máis dentro de Ognr, é cuestión de falalo no foro no apartado de Equipo Ognr, onde desenvolveremos novas ideas e demáis.

Estaria moi ben, de feito, que nese foro estivera prohibida a política. Axudaría moito ó galego, en serio. 27 de xullo de 2010 ás 22:25 por caralladas

A verdade e que o pensamos, mais cheguei a conclusión de que nun principio imos deixar que se fale de política sempre que se respeten as opinións, vexo dificil iso pero bueno, imoslle dar un voto de confianza á xente.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

A idea ten como límite pasar a proxecto en 21 meses e 16 días

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 20% (5)Sen dúbida, o mellor
  • 24% (6)Paréceme xenial!!
  • 24% (6)Mola moito
  • 16% (4)É interesante
  • 16% (4)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que vas necesitar?

10 Persoas interesadas en colaborar

14 euros para Dominio

141 euros para Dinahosting prof. 1 ano

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza