GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

O cancioneiro galego na palma da man

O cancioneiro galego na palma da man

Creada e xestionada por dorfun | 10 de xuño de 2010 ás 17:44

Etiquetado como Música, cancioneiro, cancións, cantigas, móbiles, festa

Crear unha aplicación para telefonía móbil (ou web adaptada no seu caso) que listase as cancións tradicionais máis coñecidas do noso país.
A intención é ter unha ferramenta de rápido acceso para poder cantar en grupo esa peza da que non lembras a letra.
Crearase unha aplicación para dispositivos móbiles (multiplataforma) que permita acceder ou ter descargada unha base de datos coas cancións máis coñecidas do noso cancioneiro (a carolina, o miudiño etc.)
A aplicación podería ter xa unha base de datos incorporada ou conectarse á rede para descargar contidos.
Estaría acompañada dunha web na que se puidesen engadir máis cancións e acompañar as letras de vídeos, músicas etc.
Hai unha idea inicial desenvolta en http://napalmadaman.com

Cales son as necesidades

- Persoas programadoras para as aplicacións
- Persoas deseñadoras
- Persoas voluntarias para ir engadindo cancións

Cales son os obxectivos

- Facer unha achega do cancioneiro popular galego a toda a cidadanía.
- Recuperar as cancións tradicionais e poder ter un directorio que as recompile.
- Mesturar a tecnoloxía móbil coas festas e actividades máis sociais.

O básico: cando, onde, para quen...

Dirixido a toda a xente que nunca lembra as letras completas das cancións que se cantan nas festas, romarías, comelladas etc.
A duración do proxecto é duns 6 meses. Tempo estimado en desenvolver a aplicación e a web así como en facer a escolma recompilatoria.

Cal é o prazo de execución

Nos vindeiros 6 meses

A miña propia contribución

- Coordinación
- Engadido de cancións para a aplicación
- Xa está operativa unha versión funcional por web en http://www.napalmadaman.com

Algo máis que dicir?

Todas as cancións estarán libres de dereitos ou autorizadas para a súa publicación.

Preguntas realizadas sobre esta idea

Contactade coa asociacion Universidade Popular de Corcubion, que fixo un cancioneiro popular fai pouco. 10 de xuño de 2010 ás 22:36 por xabigz

Falarei con eles e elas entón, pero antes precisamos atopar desenvolvedoras/es. Moitas grazas xabigz.

Eu non teño idea de programación, pero si de música popular. Podo botar unha man niso. Como teño que facer? 17 de xuño de 2010 ás 18:12 por Guillerme Ignacio

Existe a posibilidade de que podamos ir engadindo cancións a http://m.adorfunteca.org ou nalgún outro espazo para que, unha vez artellado o sistema, teñamos xa unha boa escolma das cancións a usar. Se queres pódoche dar acceso para ir engadindo alí as letras (é un simple blogue). Envíame un correo a dorfun(en)sonche.eu

Cantas cancións fan falta para conformar o catálogo necesario para lanzar a aplicación? 2 de xullo de 2010 ás 13:05 por Maria Yáñez

Inicialmente 25 pero se ten exito e se usa incrementarase ate non atopar mais. O interesante e que estivesen todas as posibles.

Teñen que ser cancións todas populares-tradicionais? Haberá suficiente repertorio libre de dereitos? 2 de xullo de 2010 ás 13:07 por Maria Yáñez

Non teria sentido engadir cancions que so coñeza unha minoria, pero si calquera outra como o "Miña terra galega" dos Siniestro, por exemplo. Pode crearse unha categoria adicional. Eu tiña en mente, inicialmente, usar o Cantigas para compartir de Ir Indo... pero non responderon a miña suxestion. :( E hai repertorio, hai.

Sabedes que hai un cancioneiro editado en Santiago?,vendíano nas festas de San Pedro, e chámase:"AS DE MORGAN",recolle cancións populares,xa que era o fundador dos Estalotes.Ten moitas letras das cancións de sempre.. 28 de xullo de 2010 ás 17:21 por marisú janeiro

Trataremos logo de contactar con eles por se lles interesa participar. Grazas!

Alguén probou a aplicación de Nokia que comentei? 12 de outubro de 2010 ás 15:01 por David Marcos Ramas

A que aplicación te refires, David?

Ola, gustaríame participar enviando algunha proposta gráfica, a que dirección debo facelo? 15 de outubro de 2010 ás 20:27 por Berto Graña

Pois chegas xusto a tempo porque David comentou a posibilidade de traballar neste sentido. Podes enviarmas a min directamente ao correo amador (en) sonche (punto) eu

http://oviappwizard.com/ aquí o wizard de Nokia para crear aplicacións, a de antes era a ligazón á beta que fixen, lista para instalar nun mobil Nokia 12 de outubro de 2010 ás 23:09 por David Marcos Ramas

A ligazón á aplicación é http://oviappwizard.com/get.jsp?pp=32815d Paréceme perfecta a aplicación de Ovi, ademais aproveita o recompilado no blogue polo que é un xeito máis de acceder á información. Non hai unha identdade gráfica para este proxecto, polo que hai liberdade á hora de propoñela. En canto a outros dispositivos, hai asistentes semellantes que permiten crear aplicacións similares polo que o proceso pode ser sinxelo.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 19% (13)Sen dúbida, o mellor
  • 57% (39)Paréceme xenial!!
  • 17% (12)Mola moito
  • 3% (2)É interesante
  • 3% (2)Non está mal
  • 1% (1)Non me mola

Que vas necesitar?

1 Persoa programadora de apllicacion para mobil

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza