GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Novagalicia Banco en galego

Novagalicia Banco en galego

Creada por lucamp | 2 de novembro de 2011 ás 17:36

Etiquetado como galego, Galicia, galiza, Navagalicia, banco, comunicacións, oficiais, saudo, caixa, hp

Fomentar o uso galego como lingua preferente en Novagalicia Banco e nas súas subcontratas.
Traballo nunha subcontrata de Novagalicia Banco (en HP) e chámame a atención que unha entidade que presume de galeguidade prescinde totalmente da lingua da súa terra. O uso do galego nesta entidade queda en segundo plano sempre, dende as comunicacións oficiáis ata o saúdo entre empregados ou á hora de dirixirse ao cliente.

Cales son as necesidades

- Xuntar a moita xente que apoie o proxecto para enviar unha proposta formal á empresa.
- Solicitar a mediación da Consellería de Cultura.

Cales son os obxectivos

- Propoñer o saúdo en galego como norma xeral dentro da rede de oficinas de Novagalicia Banco en Galiza. Fomentar o uso do galego falado.
- Do mesmo xeito, fomentar o uso do galego entre os departamentos e empresas asociadas.
- Esixir ter a posibilidade de recibir comunicacións en galego sempre que sexa desexo do empregado.
- Que se poñan en galego as grabacións dos cos contestadores en galego.
- Traducir todo o contido audiovisual da web ao galego, aínda quedan moitas presentacións e videos que só están en castelán.
- Que os anteriores puntos se exporten ás subcontratas e empresas asociadas.

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirixido a todos os empregados de Novacaixagalicia. Propoño que na medida do posible se dea prioridade ao Galego, sen ser excluintes co castelán, sobor de todo entre galego-parlantes.
A duración do proxecto é indefinida.

Cal é o prazo de execución

Poderíase empezar dende agora e durante o espazo de tempo que sexa necesario.

A miña propia contribución

Como pequeno eslabón dunha gran cadea non podo facer máis que cumplir co meu grao de area e facer propaganda da idea.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea orfa

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.
Quero xestionar esta idea

Os motivos polos que quero facerme cargo dela son:

A idea ten como límite pasar a proxecto en 5 meses e 3 días

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 50% (2)Sen dúbida, o mellor
  • 50% (2)Paréceme xenial!!
  • 0% (0)Mola moito
  • 0% (0)É interesante
  • 0% (0)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza