GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Máster de aldea

Máster de aldea

Creada e xestionada por Iolanda Ogando | 29 de maio de 2010 ás 21:20

Moitos dos rapaces e rapazas que aprenderon o galego na escola fáltalles fonética e entoación, e tamén léxico, cousas que se poden aprender na aldea. Trátase de organizar encontros entre familias de Chandrexa (Parada do Sil) e familias da cidade, durante unha fin de semana, na aldea. As familias axúdanlles con traballos do campo que haxa que facer nese momento, e os vellos da aldea danlles conversa nos momentos de lecer. Pensado para 3/4 familias (de até 4 membros) por fin de semana.
As familias chegarían a Chandrexa (Parada do Sil) o venres á tarde e marcharían o domingo ao longo da mañá. Participarían en pequenos traballos de axuda para toda a aldea (limpar as fontes, o cemiterio, algunha nave...) o sábado á mañá. O sábado á tarde, realizarían actividades lingüísticas con eles, entre as que se están valorando a recollida de toponimia, oficios característicos da zona, lendas e historias locais.

Na zona existe un pequeno tecido local que permite a realización destas actividades. Ademais, está situada nos Canóns do Sil, o que permite que as familias dos cativos aproveiten a fin de semana para coñecer dunha maneira máis enriquecedora unha zona moi peculiar da xeografía galega.

Hai que:
• Seleccionar un grupo de adultos para participar, de entre os e as veciñas de Chandrexa.

• Preparar as actividades lingüísticas. Algunha idea concreta?

• Preparar actividades para os máis pequenos, no caso de que os houbese,
mentres os pais e os rapaces maiores están colaborando nos traballos da aldea

• Seleccionar a actividade que fagan as familias en beneficio da comunidade local

• Buscar durmida para 4 familias.

• Preparar a 2 ceas (venres e sábado), 2 almorzos (sábado e domingo) e 1 xantar (sábado)

• Transporte?

Cales son as necesidades

• Conexión a internet en Chandrexa do Sil para a preparación da actividade e para a narración da experiencia en directo.
• Durmida para 3/4 familias.
• Comida para 3/4 familias

Cales son os obxectivos

• que rapaces e rapazas teñan contacto con galego vivo de contornos rurais

* que as familias de contornos principalmente urbanos entren en contacto coa vida das familias dunha aldea da montaña ourensá, cunha cultura e unha natureza singulares,

• que os adultos e anciáns deses contornos rurais valoricen o seu galego como algo interesante tamén para a xente que vive en contornos castelanfalantes.

O básico: cando, onde, para quen...

Cando: Unha fin de semana de setembro (por decidir)
Onde: Chandrexa (Parada do Sil)

Cal é o prazo de execución

Unha fin de semana de setembro

A miña propia contribución

• Infraestrutura local
• Algúns produtos típicos da zona (noces, torta de castañas) e da tempada, cultivados: mazás, uvas, xudías, seguramente tomates
• Coordinación local, selección dos maiores.

Lugar de realización

Parada do Sil - Chandrexa

Preguntas realizadas sobre esta idea

Pensaches na posibilidade de que, en vez de rapaces e rapazas, o proxecto se faga pensando en familias? Tal vez tres ou catro familias de pais/nais e rapaces/rapazas. 10 de xuño de 2010 ás 15:07 por GalegoLab

Pensamos, si: despois de falarmos nestes últimos días con algunha xente do concello, parece máis axeitado propor unha actividade para pais/ nais con fillos/fillas. Para alén de nos facilitar enormemente a organización (transporte, responsabilidade civil, etc.), cremos que a actividade pode resultar aínda máis interesante para todos os participantes: os pais e nais serán unha boa axuda para os traballos no campo, poden pasar unha fin de semana a facer algo diferente cos nenos/nenas nun entorno realmente fermoso, en plena Ribeira Sacra. Os nenos e nenas poden compartir directamente a experiencia cos pais e nais, contaren coa garantía de telos por perto e, ao mesmo tempo, ter os seus espazos para o xogo e, claro está, para a aprendizaxe autónoma, através das conversas e actividades coas persoas maiores da aldea. E considerando as nosas capacidades e infraestruturas, cremos que o bo sería pensar en 3 ou 4 familias.

penso que deberiase de facer na xeografia galega en xeral, non so quedarse en parada do Sil 10 de xuño de 2010 ás 22:32 por xabigz

Este en concreto é un proxecto pensado para Chandrexa, que é o lugar de onde son e desde onde podo contribuír, pero por suposto, calquera pode collelo e adaptalo ás súas circunstancias e lugares. A verdade é que sería xenial :-)

Coido que a idea é moi boa, a colaboración dos centros educativos será precisa. Non lle poño chatas, adiante 12 de xuño de 2010 ás 15:32 por Francisco Lopez

Grazas :-) Espero contar coa colaboración no proxecto dunha veciña licenciada en pedagoxía e con grande experiencia na realización de actividades na parroquia. De feito, grazas ás conversas con ela formáronse algunhas das mellores cousas desta idea. E se cadra aínda podemos contar con outra veciña que fai animación á lectura. así haberá xente cunha perspectiva experta no ámbito dos cativos.

Será de balde ou haberá que pagar a estadía? Vanse seleccionar os participantes ou accederán os primeiros en apuntarse? 6 de xullo de 2010 ás 02:06 por Iago Martínez

A nosa idea é que cada familia pague unha pequena cantidade por toda a fin de semana (mantenza incluída) Sobre a segunda pregunta non tiñamos pensado nada, pero polo que sei do funcionamento de galegolab, participarían aqueles que se inscribisen primeiro, e en canto se cubrise o número de familias, pecharíase a posibilidade de apuntarse.
Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Valoración da idea

  • 15% (17)Sen dúbida, o mellor
  • 52% (57)Paréceme xenial!!
  • 20% (22)Mola moito
  • 5% (5)É interesante
  • 6% (7)Non está mal
  • 2% (2)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza