GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Libros viaxeiros

Libros viaxeiros

Creada e xestionada por Carlos Moreira | 23 de outubro de 2010 ás 21:48

Etiquetado como nenos, libros, maiores, novelas, ensaio, poesia, lectura debuxada, artgos de prensa

É unha idea moi sinxela. As ideas, as opinións, as murmuracións, etc. viaxan na fala da xente. Os libros hai que levalos da man para que poidan viaxar.

Se lemos algo que nos gusta e pensamos que o seu coñecemento axudaría dalgunha forma á nosa lingua, para arrincarlle prexuízos, para profundar no seu coñecemento ou simplemente para gozar dela e con ela, debemos de dalo a coñecer.

En resumo, todo aquilo que se poida recoller dun texto escrito, que nos guste e que poida axudar ao galego, é importante facelo viaxar.
Se lemos algo (libro, lectura debuxada, etc) que reúna as características descritas no primeiro punto, temos que buscar a alguén coñecido e entregarllo coa condición de que o lea.

Se lle gusta ten que facer o mesmo con outra persoa da súa contorna, e así sucesivamente.

Se polo contrario a algún non lle gusta o contido, ten que devolverllo a quen llo deixou.

O máis importante, para que a idea teña percorrido no tempo e que chegue a ser realmente efectiva, é que a persoa que elixamos para deixalo ten que ter unha total disposición a participar no proxecto.

Trátase de que cada un dos participantes sexa quen de atopar o libro idóneo para a persoa adecuada, ata debería elixir o momento xusto.

É dicir, o éxito ou o fracaso desta idea está na elección dos participantes, e na lectura que lle ofrecemos. Se eliximos ben a cousa triunfa, se non non.

Cada libro leva dentro unha copia das condicións a seguir, para formar parte do proxecto.

Que non pare nunca de facer km polos camiños da nosa terra.

Todos os participantes poden pór en circulación tantos libros como queiran, non ten límites.

Tamén se pode facer un blog para opinións, comentarios, experiencias, recomendacións, etc. Así como un seguimento de onde se atopa cada título en cada momento, sempre que o participante queira colgalo.

Cales son as necesidades

1º) Persoas, cantas máis mellor, que tomen a iniciativa de participar e que esten dispostas a desprenderse dun libro ou do seu valor comercial.

2º) Recomendacións de autores, titulos, editoriais que se adapten ó proxecto

3º) Alguén para facer un blog.

Cales son os obxectivos

1º) Darlle movemento a libros que temos na casa, que lemos, gustáronnos e agora dormen nalgún estante sen máis, ou a outros, que aínda estan nas librerías.

2º) Facilitar que os nosos achegados teñan acceso ao que pensamos pódelles gustar.

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirixido a toda aquela persoa que estea interesada en transmitir os seus coñecementos da nosa lingua, que no seu momento recolleu en calquera texto(novela, ensaio, poesía) para que outros os descubran e así axudar a promocionar e a utilizar o galego.

Cal é o prazo de execución

Cando esteamos dacordo.

A miña propia contribución

1º) Un libro.

2º) Unha persoa a quen levarllo.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

A idea ten como límite pasar a proxecto en 17 meses e 25 días

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 0% (0)Sen dúbida, o mellor
  • 33% (3)Paréceme xenial!!
  • 33% (3)Mola moito
  • 33% (3)É interesante
  • 0% (0)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza