GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Ida e volta

Ida e volta

Creada e xestionada por GalegoLab | 4 de xuño de 2010 ás 13:28

Etiquetado como Música, Vigo, cidades, concerto, a coruña

Encontro musical coruñento-vigorento. Grupos das dúas principais cidades galegas, con repertorio galego, superando as ficticias rivalidades e reivindicando o uso do galego no ámbito urbano entre a xente nova. Para iso propoñemos un concerto que se realice en días consecutivos (mellor venres e sábado), un día nunha cidade e ao día seguinte noutra.
CORUÑENTA E VIGORENTA, CIDADE DA LINGUA, MANIFESTO DA CIDADE PORTO. Por Xurxo Souto.

O Calvario Monte-Alto
os Mallos o Berbés
Bouzas os Castros
Monelos Teis
Beade Labañou …eu vou.

Contra todos os tópicos e tabús, A Coruña e Vigo son factorías sonoras que non paran de producir músicas en galego. Melodías vigorentas e coruñentas que demandan relacionarse e recoñecerse –directamente- sen intermediarios.

Prolegomena: contra a preguiza

Hai unhas décadas esta sociedade viviu unha gran catarse colectiva. Fixemos exame de conciencia: Unha das maiores vítimas do franquismo foi a propia lingua galega. Nese momento, co esforzo de todos e todas, déronse pasos importantes para que a lingua abandonase a súa condición marxinal . Introduciuse no ensino e creáronse medios públicos de comunicación .

Estes logros eran un camiño, non unha meta. Mais, pouco a pouco, virámonos uns preguiceiros. Preguiza alimentada pola indolencia da administración. O conformismo de “as cousas sempre foron así”, a esquecer que a realidade non é neutral, senón que está condicionada por moitos anos de prexuízos.

Preguiza na que se asentaron -porque ninguén se decidiu a cuestionalos- unha serie de tópicos escuros que funcionan como verdades absolutas.

Coruñentas e vigorentas

O tópico interesado di que na Coruña e en Vigo ninguén fala galego. E, oh! sorpresa , os estudios sociolingüísticos indican que a Coruña é a cidade -en números absolutos- con maior número de falantes de todo o país.

Outro tópico insiste en que na Coruña á xente nova non lle interesa a lingua nin pouco nin moito. E resulta que nesta cidade está a estoupar todo un movemento musical emerxente: Loretta Martin, Chámalle Xis, Duplosom, Sivaritas, Chotocoeu, Trapallada,Fracasados de Antemano…”O momento coruñento”, unha ringleira de grupos que utilizan o galego –oh, de novo, sorpresa case sacrílega !- como símbolo de modernidade.

A mesma revolta contra os tópicos está a vivir moita xente nova de Vigo, coa súa ringleira paralela de proxectos emerxentes. Velaí Kogito, banda sonora do novo Vigo obreiro, ou a palabra de Aid, rapeira de Valadares, a creadora dunha nova cosmogonía da noite deVigo, como non se tiña formulado dende os tempos seminais dos Resentidos. Xente nova dos barrios da Coruña e Vigo que teñen que soportar os mesmos prexuízos e apriorismos contra a lingua. Dúas realidades paralelas mais que nunca, ata o momento, tiveron ocasión de manter un diálogo directo.

Chegou o momento. Intercambio de amplificadores, confusión de distorsións!: A Coruña é Vigo, e Vigo é a Coruña, dous pontóns dun mesmo océano. E a xente nova que fai subir a marea para mollar a todo o país.

O Calvario Monte-Alto
os Mallos o Berbés
Bouzas os Castros
Monelos Teis
Beade Labañou, eu vou….!!

(Insisto: Vigorenta, coruñenta,está subindo a marea. Ti non quedes varado en seco).

Cales son as necesidades

Na fase de definición da idea, precisamos buscar un espazo público en cada cidade onde se celebre o concerto.Gustaríanos que a comunidade de Galegolab nos axudase a elixilo. Cal é o mellor sitio en Vigo e cal na Coruña para facer un concerto así? Nós trasladaremos as preferencias máis populares ás autoridades pertinentes. Pero sobre todo, nesta fase, precísanse grupos ou artistas que se ofrezan a tocar desinteresadamente neste gran evento.

Cales son os obxectivos

* Promocionar os músicos das cidades que teñen repertorio en galego.

* Reivindicar a irmandade musical entre Vigo e A Coruña.

* Xuntar a un mínimo de 500 persoas en cada concerto.

* Promocionar deste xeito no mundo físico a rede Galegolab.

O básico: cando, onde, para quen...

Buscaremos no mes de setembro unha finde para facelo, un venres nunha cidade e outro venres noutra.

Cal é o prazo de execución

Para definir a idea, o 31 de xullo. A celebración do concerto será entre os meses de setembro e outubro.

A miña propia contribución

Buscaremos unha entidade que patrocine o evento, poñendo o local e os medios técnicos.

Lugar de realización

Vigo e A Coruña

Preguntas realizadas sobre esta idea

E digo eu, non era ben convidar tamén bandas que empregan o castelán ou o inglés habitualmente, sempre que queiran amosar o seu respecto ou compromiso co galego? 21 de xuño de 2010 ás 09:20 por Iago Martínez

En principio a idea é integrar tamén músicos de bandas que, aínda que teñan a maioría do seu repertorio en castelán ou en inglés, teñan mostrado algúnha chiscadela ao galego (véñennos á cabeza Aíd ou Nadadora). Mesmo se algún/ha non fixo esa chiscadela antes e quere empezar no Ida e Volta, será un bo momento, claro. ;) En calquera caso, o protagonismo terano as cancións en galego, e os músicos que as fan e interpretan sen complexos.
Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Valoración da idea

  • 8% (6)Sen dúbida, o mellor
  • 47% (37)Paréceme xenial!!
  • 23% (18)Mola moito
  • 19% (15)É interesante
  • 3% (2)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza