GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Grupo infantil de cancións populares galegas

Grupo infantil de cancións populares galegas

Creada e xestionada por José Alcañiz | 10 de xuño de 2010 ás 16:52

Etiquetado como Música, educación, nenos, infantil, cultura

Crear un grupo musical de cancións para nenas e nenos de entre 0-5 anos, ó estilo \\\"Cantajuego\\\", para achegar a cultura e idioma galegos aos nenos a través da música o dos xogos.
Partindo dun catálogo de cancións populares galegas, consistiría en facer as suas correspondentes versións orientadas a nenos, coas suas coreografías, ritmos animados e pegadizos, e persoaxes identificables que as interpreten .
Produciríanse tanto a versión cantada como a versión das mesmas en vídeo.
A idea inicial sería distribuilas de forma gratuita na Internet, en formato MP3 as cancións, e en plataformas de teceiros os vídeos (Youtube, Vimeo).
Poderíanse obter ingresos mediante a organización de concertos, eventos, visitas a escolas, etc, pero para acadar a difusión axeitada as cancións e videoclips en sí terían que ser gratuitas.
O feito de empregar cancións populares eliminaría os custos de dereitos de autor.

Cales son as necesidades

- Financiamento da producción musical e audiovisual.
- Casting de intérpretes
- Consensuar un catálogo musical axeitado

Cales son os obxectivos

Difundir a cultura e idioma galegos desde a infancia a través dos xogos e a música.

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirixido aos nenos e nenas de Galicia de idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos.

Cal é o prazo de execución

O ideal sería que coincida co comenzo do curso escolar en setembro, polo que tería que comenzar o antes posible.

A miña propia contribución

A xestión e a comunicación e distribución online da producción.

Lugar de realización

Vigo

Preguntas realizadas sobre esta idea

Moi boa idea. Podo botar unha man na selección de repertorio e no cásting (son músico e mestre de Ed. Musical). Como fago? 17 de xuño de 2010 ás 18:13 por Guillerme Ignacio

Xenial, gracias pola aportación! En qué cidade vives? Podemos xuntarnos e desenvolver un pouco a idea. Eu estou en Vigo

Xenial idea!! Poderíase crear unha web onde se subiran as cancións e os vídeos? 19 de xuño de 2010 ás 15:21 por Maria do Mar

Claro, de feito a idea e a distribución gratuita das cancións e vídeos a través de internet en streaming, o importante e que acaden unha difusión interesante, e que estean disponibles para todolos nenos e nenas galegas. As vías de recadación terían que estar centradas na realización de eventos, nas escolas, etc.

O catálogo musical sería con cancións orixinais ou con versións? En calquera dos casos, como se xestionaría? 2 de xullo de 2010 ás 13:32 por Maria Yáñez

Hola María! Gracias polo teu interés. As cancións sería tradicionais, pero con arreglos adaptados ó público infantil, e coreografía adaptada, para facelas atractivas para os cativos. En canto á outra pregunta, para coñecer de muido os custos tería que contar primeiro con axuda na parte de producción, na que non teño experiencia nin datos de partida. Saudos!

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 26% (15)Sen dúbida, o mellor
  • 51% (29)Paréceme xenial!!
  • 7% (4)Mola moito
  • 5% (3)É interesante
  • 0% (0)Non está mal
  • 11% (6)Non me mola

Que está pasando?

O usuario cockgz valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

hai un día

Aprobouse unha nova idea Historia en Rede

hai 3 días

Uniuse a GalegoLab:

Francisco Castro

27 de xaneiro ás 16:11

Uniuse a GalegoLab:

Ollo Parabólico

22 de xaneiro ás 16:44

Uniuse a GalegoLab:

raeu

18 de xaneiro ás 18:10

Uniuse a GalegoLab:

david

18 de xaneiro ás 11:05

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza