GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Galego express: lingüistas a domicilio

Galego express: lingüistas a domicilio

Creada e xestionada por Belén Regueira | 10 de xuño de 2010 ás 11:54

Etiquetado como Twitter, lingüísta, dúbidas, dicionario

Consultoría lingüística urxente. Resolución rápida de dúbidas lingüísticas dirixida aos falantes en xeral, e especialmente a aqueles que traballan en medios de comunicación, e precisan respostas para as súas consultas antes da próxima reunión do plenario da RAG. Un equipo amplo de expertos podería atender esas preguntas vía twitter e propoñer solucións. Como un lingüista a domicilio.
Cal é o xentilicio de Chechenia? Como lle chamamos a Mahoma en galego?
Mellor Sudáfrica ou Suráfrica? O disco duro formatéase ou formátase?
Moitos galegofalantes (e escribintes) enfróntanse diariamente a dúbidas lingüísticas deste tipo, especialmente aqueles que traballan en medios de comunicación ou en ámbitos nos que hai que botar man de léxico especializado. Por desgraza, poucos dispoñen de recursos lingüísticos que fornezan respostas para as preguntas que non se resolven consultando o Volga, nin o Ir Indo en liña nin os dicionarios que existen no mercado.
"Galego express" non sería un recurso para corrixir textos (iso paghádeo...), pero si unha ferramenta de resolución rápida de dúbidas. Ademais permitiría crear comunidade entre aqueles que se enfrontan a dilemas lingüísticos semellantes no seu traballo. Co tempo, podería converterse nunha ferramenta máis sofisticada: se cadra unha web, pero para iso si que necesitariamos máis mans e máis carteiras.

Cales son as necesidades

Lingüistas e falantes con pedigree (con nivel mínimo de Celga 4 ;-) dispostos a atender esas consultas

Cales son os obxectivos

·Mellorar a nosa competencia lingüística
·Mellorar a calidade do galego dos medios de comunicación
·Crear un grupo de expertos que debata propostas e propoña solucións para novos interrogantes lingüísticos
·Elaborar un catálogo de dúbidas e erros frecuentes

O básico: cando, onde, para quen...

·Aos falantes en xeral
·Aos traballadores de medios de comunicación
·Outros grupos profesionais que se enfronten habitualmente a dúbidas lingüísticas difíciles de resolver cos recursos dispoñibles

Cal é o prazo de execución

Así que haxa un grupo amplo abondo de expertos

A miña propia contribución

·Coordinación dos expertos que queiran colaborar
·Seguimento da idea para valorar se pode converterse en algo máis

Algo máis que dicir?

A consultoría podería facerse a través do twitter (xa diredes se se vos ocorre unha alternativa mellor). Crearíase un hashtag do tipo #dúbidasgalego, para agrupar preguntas e respostas.

As consultas tamén poderían realizarse a través do grupo de "Galego exprés" que creariamos no Facebook, no que periodicamente se revisarían palabras e expresións susceptibles de xerar dúbidas do fío da actualidade.

Preguntas realizadas sobre esta idea

Non se van mosquear os tradutores profesionais? 10 de xuño de 2010 ás 14:09 por Xosé M. Pereiro

Non vexo por que. Máis ben converteranse en usuarios. Non se trata de traducir nin corrixir textos senón de resolver dúbidas concretas que moitas veces non aparecen nos manuais de gramática nin nos dicionarios e que necesitan unha solución rápida. Un exemplo do meu ámbito profesional: se teño que facer hoxe unha información sobre as caricaturas do profeta fundador do Islam, como lle chamo? Poida que no meu medio non haxa lingüista, ou que non teña resposta para esa pregunta, ou que ninguén pensase aínda na necesidade dunha resposta a esa dúbida. E poida que finalmente eu acabe poñendo o que me pete e que outras persoas doutros medios opten por outras solucións. Se a ferramenta, que en principio é simple e de balde, se revela necesaria e funciona, igual hai que pensar en facela máis ambiciosa e en que se dean por aludidas todas esas institucións que debían ter lingüistas de garda :)

Twitter semella a mellor ferramenta para facer isto dun xeito sinxelo. Malia todo, aínda non conta cun número demasiado alto de usuarios en Galiza. Non estaría ben combinalo con Facebook? 10 de xuño de 2010 ás 15:42 por Xan Guindán

Tes razón, Xan. Agora mesmo o incorporo. O risco de dispersar as vías de consulta queda compensado pola necesidade de difundilo o máis posible. Ademais, os lingüistas do século XXI teñen que estar afeitos a atenderlles a varias pestanas do navegador á vez :) Creando un grupo no Facebook poderiamos ademais ir propoñendo temas susceptibles de provocar dúbidas do fío da actualidade e poñendo en común recursos de utlidade. Grazas pola proposta!

Valoraches poñerte en contacto con outras iniciativas que xa existen (listas de correo, foros, ect) de terminoloxía para unir esforzos? 10 de xuño de 2010 ás 21:58 por Xabier Seixo

Por suposto. Xente coma esa serán os nosos lingüistas a domicilio. Os foros e listas de correo son máis ben ferramentas para os filólogos. Os falantes normalmente queremos aforrar o debate e ás veces mesmo os motivos da escolla, só queremos solucións...

A Nosa Terra ten un tema en facebook parecido, cada día desenrolan brevemente un tema, pero claro, non ten porque ser o que un precisa xusto nese intre, con esta idea si podería ser posibel. 12 de xuño de 2010 ás 23:03 por Xoánma Rial

Está moi ben, si, pero non permite facer consultas e contestalas axiña, nin sei de onde se poida facer. Por iso propoño crear Galego express.

Coñeces http://www.xunta.es/linguagalega/consultas_linguisticas ? 20 de xuño de 2010 ás 08:25 por Begoña Caldas Rodríguez

Non coñecía, non. Vou explorar que tal funciona. Grazas! Actualizo a resposta. Enviei a semana pasada unha consulta ao servizo de Política Lingüística, contestáronma sete días despois. Preguntei como se escribía en galego o nome da cidade chinesa na que se desenvolve a exposición universal deste ano. Déronme 3 opcións, cada unha dela con xustificación bibliográfica: Shanghai, Shangai ou Xangai. Vaia, que quedei como estaba. Ou, máis ben, reafirmeime na impresión de que Galego Express é necesario: os falantes e escribintes necesitamos respostas rápidas e, se pode ser, unívocas!

Creo que isto podería servir de modelo: http://www.wikilengua.org/index.php/Portada 21 de xuño de 2010 ás 09:15 por xmps

Desde logo, aínda que ese sería o obxectivo a medio prazo, e xa requiriría máis traballo. Tamén teñen consultoría express: http://www.fundeu.es/Consultas.aspx?frmOpcion=LISTA_CONSULTAS&frmFontSize=2

Que medios e recursos humanos fan falta para isto? Falo en termos cuantitativos: cantos lingüístas, cantos falantes voluntarios... 2 de xullo de 2010 ás 13:11 por Maria Yáñez

Aquí o cuantitativo vai da man do cualitativo: dependerá de canto tempo poida dedicarlle cada colaborador, e en que horario, para establecer quendas. Mañás, tardes e (se é posible) fins de semana deben quedar cubertas cando menos con dúas persoas. 7 persoas cualificadas sería o núcleo mínimo imprescindible para empezar. Os falantes podemos colaborar, propoñer ou debater, pero é preciso que haxa sempre alguén que poida certificar as solucións.

Entón as ferramentas necesarias quedarian definidas en: Twitter e Facebook? Cunha conta ou varias, un grupo ou páxina ou como? Quen xestionaría esas contas? 2 de xullo de 2010 ás 13:13 por Maria Yáñez

Eu ofrézome a xestionar as contas para empezar e a continuar o seguimento despois, claro.. Se a idea se converte en proxecto, os colaboradores tamén pasarían a xestionalas. A ferramenta poñeriámola en marcha en twitter e cun grupo en facebook (ou mellor páxina, que dicides?).

Farán falta cartos? :) 2 de xullo de 2010 ás 13:13 por Maria Yáñez

Para Galego Express como tal, non, sempre que os colaboradores concorden en facer traballo voluntario :) Pero se funciona, e se crea un grupo de colaboradores con ganas de ir máis alá, habería que deseñar unha segunda parte do proxecto que si precisaría orzamento e colaboradores de máis ámbitos.

A AGAL acaba de sacar um consultório: http://agal-gz.org/blogues/index.php/consultorio/ 6 de febreiro de 2011 ás 14:14 por AmilGZ

:) Graciñas pola información!

No twitter de Tagen Ata (http://www.twitter.com/tagenata ) xa se poden facer consultas lingüísticas sen custos. 29 de marzo de 2011 ás 13:25 por dorfun

Pois daquela creo que xa podemos dar a idea por finalizada, grazas á iniciativa de Tagen Ata. Fágome usuaria de inmediato! Moitas grazas!!

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 14% (14)Sen dúbida, o mellor
  • 54% (54)Paréceme xenial!!
  • 23% (23)Mola moito
  • 7% (7)É interesante
  • 2% (2)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que vas necesitar?

7 Lingüistas

Que está pasando?

O usuario cockgz valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

hai un día

Aprobouse unha nova idea Historia en Rede

hai 3 días

Uniuse a GalegoLab:

Francisco Castro

27 de xaneiro ás 16:11

Uniuse a GalegoLab:

Ollo Parabólico

22 de xaneiro ás 16:44

Uniuse a GalegoLab:

raeu

18 de xaneiro ás 18:10

Uniuse a GalegoLab:

david

18 de xaneiro ás 11:05

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza