GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

FUNDACIÓN CHUZA! Por unha información libre, en galego e de calidade.

FUNDACIÓN CHUZA! Por unha información libre, en galego e de calidade.

Creada e xestionada por xose dorrio | 24 de xullo de 2010 ás 15:13

Etiquetado como chuza, social web, redes, prensa, blogomillo,

Crear unha fundación para manter viva a primeira e mais importante rede social galega, un referente para os lectores galegofalantes.
Chuza é unha rede social sobradamente coñecida en Galiza e a súa aportación a lingua galega é innegable, polas achegas dos seus usuarios, polo debate diario que xeran as novas e por ser, sen dúbida, un foro de opinión libre.

Cales son as necesidades

Os recursos necesarios para crear un equipo de persoas coa capacidade de xestionar o site de Chuza.gl

Cales son os obxectivos

Difundir noticias libremente e en galego

O básico: cando, onde, para quen...

A idea básica é manter aberto a rede social galega

Cal é o prazo de execución

Debería facerse de inmediato, pois o 25 de xullo a web de Chuza! deixará de funcionar.

A miña propia contribución

Ser usuario do site, promocionalo na rede, compartilo con contactos, e os recursos e coñecementos -dos que dispoña- para levar a fin o proxecto.

Lugar de realización

Galiza

Algo máis que dicir?

Probablemente Chuza! -e isto é algo que coñecemos ben os que temos algún blog- sexa o medio de promoción de calquera outro proxecto galego que tivese lugar no noso país. Todos os editores de blogs, xornais e outros contidos debemos a Chuza! e aos chuceiros miles de visitas, miles de descubrimentos, miles de anécdotas. Sen Chuza! non saberemos ou tardaremos en saber o que ocorre no noso país.

Preguntas realizadas sobre esta idea

De que xeito podemos contribuír os que non temos idea de xestión a estes niveis? E, sobretodo, é necesario definir eses recursos, cales son? 24 de xullo de 2010 ás 16:07 por Vixía

Formando parte do patronato e participando democráticamente nas decisións da fundación.

Máis ou menos, cales calculades que son "os recursos necesarios para crear un equipo de persoas coa capacidade de xestionar o site de Chuza.gl"? 24 de xullo de 2010 ás 17:34 por GalegoLab

Os recursos dependerán especialmente das esixencias do propietario actal da web, cousa que descoñecemos. Tampouco sabemos si está disposto a colaborar co proxecto, cousa que, entendo, nun principio sería indispensable. Nese senso, é el quen mellor coñece os recursos económicos e de persoal necesarios para o mantemento do site.

Por que non colledes o código fonte e montades un clon, tal como suxiren na nota de despedida de Chuza? 24 de xullo de 2010 ás 17:55 por GalegoLab

Un clon, un novo proxecto implica desbotar todo o acervo chuceiro destes anos atrás, onde están recollidas discusións políticas, filosóficas, sociais, lingüisticas, deportivas, medioambientais (todo o movemento nunca mais, galiza non se vende,...),... unha aportación a lingua galega que, en cantidade, non ten parangón en toda a nosa historia como país.

por que unha fundación? Non vos parece que é meterse en trámites administrativos e burrocracias varias cando o que precisamos é un proxecto semellante ao Chuza ? 25 de xullo de 2010 ás 23:17 por miguelo

Porque unha comunidade como chuza! debe perseguir ser recoñecida de "interese cultural galego" estatus que non pode ter na súa concepción actual e, polo tanto acceder a axudas públicas para o seu mantemento. Tampouco interesa crear un proxecto semellante, iso é doado, o interesante é conservar o creado. Nos anos de vida de chuza! producironse moitas, variadas e moi importantes aportacións a cultura galega que están recollidas nos seus arquivos. Todo iso debe ser gardado e será dificil confiar noutro proxecto si este desaparece para sempre. Todas esas ligazóns forman parte do patrimonio cultural galego. Chuza! deu a coñecer moitos proxectos galegos en Galiza -este mesmo, galego lab-, non só, pero sobre todo culturais, e será moi dificil promocionar novos proxectos agora sen a súa presenza (incluso para os seus creadores). A comunidade virtual galega non se pode permitir esperar o asentamento dun novo proxecto, dos moitos que, seguramente, xurdirán.

Sempre podedes contar con latri.ca 26 de xullo de 2010 ás 09:21 por latri.ca

Latri.ca éunha boa ferramenta para permanecer en contacto a comunidade chuceira, sen dúbida.

A miña pregunta principal é por que facer unha Fundación (complexo e máis custoso) e non unha simple asociación como Fillos de Galicia ou a Ciberirmandade. 26 de xullo de 2010 ás 10:42 por Casdeiro

Certo, a idea dunha fundación é moito máis custosa. Probablemente a curto prazo o máis axeitado fose unha asociación pero con vistas a crear esa Fundación no lurgo prazo. A importancia de reunir fondos -e non só persoas- é fundamental para a permanencia do proxecto no tempo. Moitas asoacicón desaparecen coa mesma facilidade con que son creadas, cando non permanecen sen actividade, Sen embargo cando existe un capital destinado a un fin é obrigado chegar a ese fin, que nun principio podería ser chuza, pero máis tarde outros proxectos culturais e tecnolóxicos vencellados con Galiza e o galego. Agora mesmo, coa determinación de por en marcha o novo portal de Chuza coa maior brevidade, unha cantidade inxente de chuceiros traballa en grupo dende http://groups.google.com/group/chuza
Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

A idea ten como límite pasar a proxecto en 21 meses e 19 días

Valoración da idea

  • 31% (22)Sen dúbida, o mellor
  • 48% (34)Paréceme xenial!!
  • 7% (5)Mola moito
  • 4% (3)É interesante
  • 1% (1)Non está mal
  • 8% (6)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza