GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Foto de familia

Foto de familia

Creada e xestionada por Caamaño | 19 de xullo de 2010 ás 23:04

Etiquetado como nenos, nenas, fotografía, avós, avoas, estatística, xeracións, familia, rural, urbán, fotoxornalismo, documental, fotodocumental, instalación, exposición, ige, arquivo

No ano 2008, e segundo o Instituto Galego de Estatística, máis do 70% da poboación galega tivo avós e avoas que lles falaban en galego cando eran cativos. Un 60% só en galego e un 10% "máis galego que castelán". Un feito da historia do galego único e quizáis irrepetible.

A idea pretende recoller ese feito extraordinario, poñer cara e dar imaxe á nosa infancia cos nosos avós, rendirlle homenaxe a eles polo que fixeron a través dun labor documental fotográfico que sirva de material para actividades de divulgación educativa e cultural.
A idea consiste na creación dun arquivo fotográfico a través do envío voluntario de fotografías onde se nos vexa de cativos coa nosa avoa ou avó, fotografías dos anos 40, 50, 60, 70... ata a actualidade, escaneadas e en formato dixital. Na imaxe a xente que decida enviar a súa fotografía ao arquivo debe aparecer de neno, xa que un dos obxectivos do arquivo é a realización de futuras actividades divulgativas cos escolares de hoxe, e o exercicio de proxeción é necesario.

Esta idea ven tamén en resposta ao laio xeralizado de que 'morre o rural', ao tempo que se perciben moi poucas iniciativas para poñerlle freo (mesmo aínda que sexa figurativo) a este proceso irreversible da perda que case que en todas as familias do medio urbán galego estamos a vivir.

Cales son as necesidades

No caso de ter éxito, e máis adiante, o mellor faría falta unha unidade de memoria independente para o arquivo dixital onde almacenar as imaxes, por motivos de seguridade.

Cales son os obxectivos

1.- Recoller a memoria deses momentos no futuro posiblemente irrepetibles nos que o 70% da poboación galega escoitou de nenos o galego da boca dos seus avós e avoas.

2.- Creación dun arquivo fotográfico.

3.- Divulgación de ese feito a través de actividades educativas nas escolas, que saiban que as cousas non sempre foron como son agora e que existiron outras realidades lingüísticas no país, destacando a potencia da imaxe, o peso emocional do vínculo e as cifras do Ige.

4.- Baseado no material do arquivo, dar corpo a propostas documentais noutros ámbitos: instalacións, fotoxornalismo, fotodocumentais, exposicións, etc... Presentar o traballo en certames de diverso ámbito para dar visibilidade á plataforma e ao propio feito.

O básico: cando, onde, para quen...

A través de facebook ou da propia páxina de galegolab se publicitará a convocatoria da creación do arquivo: unha fotografía escaneada onde aparezas cos teus avós cando ti eras neno ou nena. Está dirixido a ese 70% da poboación de Galicia.

O envío das fotografías escaneadas se realizará a unha conta de correo electrónico creada para tal efecto. As fotografías deberán ir acompañadas dos nomes de pila, lugar, provincia e ano. Algunha historia relacionada coa lingua e de aquel tempo tamén sería benvida polo simple labor documental.

A idea precisaría de varios meses para recibir as imaxes, e é un proceso que non ten por qué quedar pechado. Logo se faría o traballo documental para darlle difusión en escolas e a través de propostas culturais.

No momento no que as fotografías adoptasen outro formato, seña en papel ou calquera outro para a súa divulgación, se contaría coa autorización dos donos para iso. O respeto ao material que vertebraría o arquivo é básico.

Cal é o prazo de execución

Habería unha primeria fase de recollida de imaxes e dependendo do éxito da convocatoria, traballar nas ideas de divulgación que poidan xurdir do arquivo. Aquí se podería abrir unha nova convocatoria de ideas vencelladas ao fotoxornalismo ou o fotodocumental.

A miña propia contribución

Coordinación do proxecto, xestión da conta de correo, procesado da resolución das imaxes recibidas, creación da base de datos e almacenamento das imaxes. Se a idea ten éxito, darlle corpo a unha proposta fotodocumental para o ámbito educativo e cultural.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

A idea ten como límite pasar a proxecto en 20 meses e 24 días

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 4% (1)Sen dúbida, o mellor
  • 39% (11)Paréceme xenial!!
  • 18% (5)Mola moito
  • 18% (5)É interesante
  • 11% (3)Non está mal
  • 11% (3)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza