GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Flashgalego

Flashgalego

Creada e xestionada por GalegoLab | 4 de xuño de 2010 ás 14:09

Etiquetado como Música, a coruña, flashmob, praia, baile

Flashmobs en cidades de Galicia e lugares de veraneo durante este verán. Proponse, como experiencia piloto, unha na Coruña, coa homenaxe pop a Juan Pardo na súa canción "Falade meniñas, falade galego".
A canción colle a letra deste poema de Eduardo Pondal:

Miniñas da Cruña,
de amabre despexo,
de falas graciosas
e pasos lixeiros,
deixá de Castela
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade galego.

Cando é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade galego.

Mais cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
anxélico alento,
parece que esculto
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade galego.

Cales son as necesidades

• Bailaríns, actores e performers varios.
• Unha persoa que se ocupe da dirección coreográfica e de definir a posta en escea.
• Dúas persoas que o graven en vídeo e o suban ás redes.
• Difusión masiva da convocatoria.

Cales son os obxectivos

• Divertirse.
• Chamar a atencion sobre o galego nas cidades de maneira lúdica e participativa.
• Promocionar Galegolab.

O básico: cando, onde, para quen...

Estamos na fase de mellorar a idea, polo que os detalles están por concretar e as suxestións son benvidas.

Cal é o prazo de execución

No mes de xullo

A miña propia contribución

Organización e difusión.

Lugar de realización

Posibilidades: Praza de Vigo, Praia de Riazor (zona do playa club).

Algo máis que dicir?

A imaxe que ilusta este proxecto é da autoría de leuan Jenkins e os seus dereitos de úso pódense ver no seu Flickr: http://www.flickr.com/photos/18681258@N00/3298244988

Preguntas realizadas sobre esta idea

Cal é lugar que tería máis posibilidades para a súa realización? 6 de xuño de 2010 ás 02:53 por Alvaro Gómez

Creemos que riazor pode ser un moi bo comezo :)

Canta xente debería participar? 7 de xuño de 2010 ás 20:33 por Xabier Cid

Dependerá do lugar e da posta en escea, pero poñamos un mínimos de vinte persoas.

Podo participar igual ainda que non saiba bailar? 9 de xuño de 2010 ás 18:46 por ghanito

Claro! Pero do que se trata é de que se animen a bailar mesmo aqueles que non saiban... :) De todos xeitos podes participar facendo fotos ou vídeos, ou animando simplemente.

Dende latri.ca tedes todo o noso apoio á iniciativa! 10 de xuño de 2010 ás 12:07 por latri.ca

Moitas grazas! Contamos con vós como mínimo para a difusión. :)

Um dez por escolherdes essa cançom de Juan Pardo mas... nom é um pouco lenta para umha coreografia bonitinha num flashmob? 10 de xuño de 2010 ás 16:46 por Fer

Iso é un reto para quen deseñe a coreografía e a posta en escena... De todos xeitos admítense suxestións de temas máis movidos para vindeiras flashmobs.

Boa idea Eduardo PONDAL a ritmo flash. Bo para prestixiar o idioma-cultura. NORABOA 11 de xuño de 2010 ás 11:27 por manuel

Grazas! Calquera outra idea ou suxestión de canción será benvida.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 4% (2)Sen dúbida, o mellor
  • 40% (20)Paréceme xenial!!
  • 20% (10)Mola moito
  • 18% (9)É interesante
  • 4% (2)Non está mal
  • 14% (7)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza