GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Encontros de Neofalantes

Encontros de Neofalantes

Creada e xestionada por Xan Guillén | 1 de agosto de 2010 ás 14:04

Etiquetado como mocidade, educación, Neofalantes, amizade, encontro, café, faladoiros

Trataríase de atopar grupos de xente que se está a achegar á lingua galega pero non se bota adiante porque lle "dá corte".
A idea consistiría en poñer arredor dunha mesa e un café a grupiños de neogalegofalantes que aínda non dominan a lingua pero queren ir botando a lingua a pacer.

Nun primeiro lugar habería que facer publicidade (cartaces, foros en internet, anuncios...) cun teléfono ou modo de contacto.

Logo no caso de que haxa moita xente formar grupos por idades e/ou intereses.

Coido que sería moi interesante achegarse a aquela xente máis nova. Por exemplo a partires dos 14 ou 16 anos. De todas maneiras non debería haber límite de idade, nin por arriba nin por abaixo.

Cales son as necesidades

- Cordinadores/as en cada vila-cidade.

- Cartaces e "publicistas"

- Puntos de enconto

Cales son os obxectivos

- Fomento do uso da lingua galega.

- Perda da vergoña para o uso do galego.

- Facer grupos de amigos/as con intereses comúns.

- Ligar (quen poida)

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirixido a calquera pero interesa moito, moito que a xente realmente sexa neofalante e non teña moitos coñecementos de galego. Se houbese alguén no grupo que dominase o galego podería ser un pouco agobiante para os demais.

Non se trata tampouco de facer unhas clases de galego. Só un sitio para botar a lingua a pacer aínda que ao comezo non se coloquen ben os pronomes

Cal é o prazo de execución

Cando queirades

A miña propia contribución

Poido coordinalo en Santiago e/ou Vilagarcía

Preguntas realizadas sobre esta idea

Podo coordinalo e impulsalo na zona do Deza e Trasdeza.

Paréceme moi boa idea. 2 de agosto de 2010 ás 14:52 por Luis Xabier Couto Lorenzo

Oído cociña... Benvido ao barco. Agora a facer grupiños por Lalín, Silleda...

A min gustaríame participar. Estaría ben falar con cafetarías, imprentas, etcétera para o dos cartaces. Eu mesmo son neofalante. 2 de agosto de 2010 ás 15:58 por Fabián

Pois a buscar xente que queira participar. De onde es?

Son de Redondela. Ainda asi podo ir a Vigo ou Pontevedra. 2 de agosto de 2010 ás 19:22 por Fabián

Coma o Xabarín... cada día somos máis. Agora ben, se aparece alguén máis para Pontevedra sur que o diga porque estar a cargo de tres zonas pode ser moito.

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

A idea ten como límite pasar a proxecto en 20 meses e 11 días

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 27% (12)Sen dúbida, o mellor
  • 52% (23)Paréceme xenial!!
  • 9% (4)Mola moito
  • 11% (5)É interesante
  • 0% (0)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza