GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Democratización galega da tecnociencia

Democratización galega da tecnociencia

Creada e xestionada por Juan R. Coca | 24 de marzo de 2011 ás 09:47

Etiquetado como sociedade, Democratización, tecnociencia, público, participación, toma de decisión, política

A tecnociencia é unha actividade social de gran impacto. A presente proposta ten como obxectivo global a elaboración de mecanismos de debate, discusión e publicitación de posibles estructuras que permitan á sociedade galega debater sobre as investigacións tecnocientíficas e xerar elementos de control sobre as mesmas.
A actividade tecnocientífica en todo o mundo e tamén en Galicia está controlada e rexida polos axentes sociais que a levan a cabo. Neste contexto as opinións ou as propostas da sociedade galega, en xeral, non son tidas en conta. Ao día de hoxe calquera tipo de mudanza nas liñas de investigación, nos proxectos de anovación, etc. son desenvolvidos en función de plantexamentos partidistas e arredan a sociedade da toma de decisións.

Por mor diso, cómpre que existan mecanismos e procesos participativos eficaces que permitan que os galegos podamos ter algo que dicir ao respecto. O grave problema que podemos toparnos é coa desconfianza e recelo por parte dos axentes tecnocientíficos. Isto obriga a que a proposta e a materialización da mesma teña que ser seria, sólida e fundamentada.

Coido que sería moi bo para Galicia que se xerasen estructuras informais de análise, debate e participación en rede sobre as diversas iniciativas públicas e privadas que xurdan ao redor da actividade tecnocientífica.

Esta idea tentaría desenvolver un entorno virtual de participación publica e democrática, pero non só iso. A idea é tamén manter informados aos participantes dun xeito sinxelo e veraz (non só tendo en conta a información dos medios de comunicación) para que eles poidan tomar partido por aquela iniciativa, proposta, lei, etc. que consideren mellor para o país. Para isto é preciso ter unha rede de coordinación, constituida por xente con coñecementos nos diversos eidos do saber, que informe e ilustre dun xeito independente e neutral das achegas tecnocientíficas e das medidas que un determinado axente ou grupo social desexa levar a cabo. Deste xeito, os participantes -logo de informárense- poderían participar e debater as iniciativas.

Por isto, a plataforma tentaría ter tamén unha expresión física a través de encontros e debates que incremente a participación colectiva e o interese. Amais, con cada un dos temas discutidos farase un manifesto que será remitido aos responsables políticos para que tomen as medidas oportunas e aos medios de comunicación convencionais para que informen á sociedade. Isto fai que a plataforma tería que ter capacidade de resposta rápida perante unha posible urxencia puntual.

A presente iniciativa está inmersa nunha lóxica colectiva polo que é indispensable unha participación activa de un bo número de persoas. Posiblemente este xesa un dos grandes problemas con que nos atopemos á hora de poñelo en marcha. Porén, de levarse a termo esta proposta Galicia converteríase nunha das rexións pioneiras nos procesos de democratización e debate político da tecnociencia.

Cales son as necesidades

Inicialmente:

- Xente interesada e participativa.
- Coordinadores especializados.

Cales son os obxectivos

- Fomentar a participación pública na tecnociencia.
- Fomentar a democratización da tecnociencia.
- Xerar mecanismos de debate e participación.
- Tentar intervir nos procesos políticos de toma de decisión.
- Apostar pola divulgación de calidade.

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirixida a toda a poboación interesada.

A duración é indeterminada inda que pretende ter visos de prolongación no tempo.

Precisaría a participación de institucións científicas formais (Real Academia Galega de Ciencias, Universidades, Consello da Cultura Galega, Centros Tecnolóxicos, Organismos Públicos de Investigación, Fundacións, etc.)

Implicaría a necesidade de diversos coordinadores especializados.

Capacidade rápida de resposta (compromiso dos coordinadores)

Traballo en rede.

Cal é o prazo de execución

Cando teña o persoal necesario (10 persoas, polo menos, de diversos eidos do saber)

A miña propia contribución

- Experiencia en coordinación de equipos.
- Coñecemento da actividade tecnocientífica.
- Compromiso coa democratización da tecnociencia.

Preguntas realizadas sobre esta idea

... para enfrontarse a unha realidade que non ten volta de folla 29 de marzo de 2011 ás 16:50 por coque

Non creo no determinismo. Se non nen o Galego Lab tería sentido, nen calquera outra prospota que tentara mudar un chisco as cousas.

..eu tampouco pero non me "pon" esa deriva; mellor (tecnociencia) da sua adopción,difusión(coexistencia uo/e disrupcion) 31 de marzo de 2011 ás 21:41 por coque

Non sei moi ben a que te refires. Entendo, corríxeme por favor, que te refires á propia deriva casi totalitaria que ten esta actividade, non sí? Se é esto o que queres dicir, precisamente a proposta tenta xerar mecanismos para que os tecnocientistas poidan recibir as opinións directas (non mediadas polos medios de comunicacion) dos cidadáns. Posiblemente teñas razón e que a comunidade tecnocientífica, actualmente, é hermética a todas estas cuestións e, curiosamente, as persoas que teñen certa capacidade de facer algo neste senso non semellan estar dispostos a facer nada.

dalle lume :) tratándose de tecnociencia a proposta non queda outra que proba-lo ensaio/erro...aparecerán resultados non esperados

coque.mr@gmail.com 2 de abril de 2011 ás 14:05 por coque

Seguro Coque. Graciñas

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

A idea ten como límite pasar a proxecto en 11 meses e 26 días

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 29% (2)Sen dúbida, o mellor
  • 29% (2)Paréceme xenial!!
  • 0% (0)Mola moito
  • 29% (2)É interesante
  • 14% (1)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza