GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Correlingua para tódalas idades

Correlingua para tódalas idades

Creada por Bruno | 17 de xuño de 2010 ás 17:11

Etiquetado como deporte, galego, carreira

A idea sería realizar carreiras populares nas cidades do País rematando cunha gran carreira en Compostela (similar ao Correlingua organizado pola Mesa, CIG...). Habería dúas saídas: unha para "profesionais" e outra para "a festa". Poderíanse unir ciclistas (saíndo antes e facendo o percorrido de paseo)
As carreiras serían en domingo ou festivo en Pontevedra, Ferrol, Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña e a última en Compostela. Habería dúas saídas (se se unisen ciclistas abrindo a marcha habería 3): a dos "profesionais" primeiro e logo os amateur/festa (pais e nais con nenos, xente con disfraces, benxamíns, avós e avoas, "preas" etc). Habería premios en metálico, lotes de libros en galego, CD grupos en galego, camisolas con lemas/escritos en galego, DVD cine en galego, etc.

Cales son as necesidades

Patrocinadores que apoien a iniciativa de tódolod xeitos tamén económico)
Grupos/empresas que cedan os seus CD, DVD, camisolas, libros...
Organizadores
Dinamizadores da actividade para fomentar a participación cidadá
Equipos de atletismo/ciclismo que participen
Asociacións deportivas e tempo libre, centros de maiores que colaboren e participen

Cales son os obxectivos

Fomento do emprego da lingua galega
Fomento do deporte
Divulgación de artistas, empresas galegas
Acción reivindicativa
Xornada de unión, festa e participación cidadá

O básico: cando, onde, para quen...

Dirixido a tódolos públicos de todos os recunchos do País

Cal é o prazo de execución

O ideal sería na primavera-verán 2011

A miña propia contribución

Búsqueda de algún patrocinador/colaborador
Participación nalgunha das carreiras

Lugar de realización

Cidades do País

Sentímolo, pero para facer preguntas sobre ideas e proxectos, tes que rexistrarte primeiro. Se queres mellorar a idea coas túas preguntas, podes rexistrarte ou acceder como usuario se xa estás rexistrado/a.

Compartir

Idea orfa

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.
Quero xestionar esta idea

Os motivos polos que quero facerme cargo dela son:

Que che parece a idea?

  • Sen dúbida, o mellor
  • Paréceme xenial!!
  • Mola moito
  • É interesante
  • Non está mal
  • Non me mola

Valoración da idea

  • 4% (1)Sen dúbida, o mellor
  • 12% (3)Paréceme xenial!!
  • 31% (8)Mola moito
  • 19% (5)É interesante
  • 27% (7)Non está mal
  • 8% (2)Non me mola

Que está pasando?

O usuario cockgz valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

hai un día

Aprobouse unha nova idea Historia en Rede

hai 3 días

Uniuse a GalegoLab:

Francisco Castro

27 de xaneiro ás 16:11

Uniuse a GalegoLab:

Ollo Parabólico

22 de xaneiro ás 16:44

Uniuse a GalegoLab:

raeu

18 de xaneiro ás 18:10

Uniuse a GalegoLab:

david

18 de xaneiro ás 11:05

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza