GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Explora > Ideas

Consola para usos educativos e lúdicos

Consola para usos educativos e lúdicos

Creada e xestionada por Xabier Seixo | 9 de xuño de 2010 ás 20:12

Etiquetado como consola, xogo, educación, nenos, nenas, Pandora, Software Libre, galego, software, prestixio

Crear unha comunidade que chegue a desenvolver unha consola para uso lúdico e educativo, co sistema operativo, software e contido en galego.
O proxecto no seu conxunto, co desenvolvemento final, tería unha duración de dous anos, pero aquí o que se pretende é poñer nada máis que as bases do inicio, que consistiría na tradución do firmware e a creación dunha comunidade pequena de desenvolvedores a busca de persoas interesadas no proxecto como consumidoras.

Utilizarase a consola Pandora: http://www.open-pandora.org/ unha consola de hardware aberto, con altas prestacións técnicas, que permite acceder ao seu interior para poder por exemplo, poñela en galego.
Levará un sistema operativo: GNU/Linux, o que nos permite poder poñela en galego, e disporá dun catálogo de software (xogos) tamén libre, e que polo tanto tamén poderá estar en galego.
O catalogo oficial de software ofertado pola plataforma que sostén a consola, ampliarase con incorporacións dende o proxecto galego.
Crearíase unha comunidade consumidora destes produtos, de tal xeito que se poida por un lado medir o esforzo invertido no proceso, e por outro garantir a súa viabilidade. O proxecto no seu conxunto non pretende transformarse nunha "tenda" que venda consolas, senón no núcleo catalizador dunha comunidade de persoas usuarias do produto de tal xeito que poida ser viábel e que o ensamblado do contido (sistema operativo e software) xa se faga en fábrica.

O que se faría nesta primeira fase é a coordinación dos grupos de traballo de voluntariado: crear grupos de localización (tradución) galego, grupos de desenvolvemento (programación) , grupos de busca de recursos (software) e análise de obxectivos (que software -xogos, utilidades etc.. ) cargaría a consola, grupo pedagóxico, grupo de información para comunicar o alcance do proxecto a todas as persoas interesadas, coordinación dos grupos.
En definitiva, crear a comunidade.

Cales son as necesidades

Persoas que participen na localización do software.
Persoas especializadas en desenvolvemento de software e implantación en dispositivos.
Persoas especializadas en pedagoxía.
Persoas coñecedoras das tendencias actuais en xogos.
Persoas encargadas da coordinación de grupos.

Cales son os obxectivos

Ter unha consola de xogos con software e contidos en galego.

O básico: cando, onde, para quen...

O produto final iría orientado a rapaces/zas.

Cal é o prazo de execución

Tres meses.

A miña propia contribución

Coordinación do proxecto, coñecementos técnicos para desenvolvelo, redes de colaboración.

Lugar de realización

Galiza
Compartir

Idea

Esta idea propúxoa alguén co obxectivo de mellorar a situación do galego nalgún ámbito.
GalegoLab escollerá as ideas mellor formuladas e máis viables, tendo en conta as prioridades que a comunidade establece cos seus votos. Vota por esta idea se cres que é importante, e transformarase nun proxecto real.

Valoración da idea

  • 29% (17)Sen dúbida, o mellor
  • 42% (25)Paréceme xenial!!
  • 10% (6)Mola moito
  • 10% (6)É interesante
  • 8% (5)Non está mal
  • 0% (0)Non me mola

Que está pasando?

O proxecto Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Adiviña @s autor@s acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai case 20 horas

O proxecto Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio acadou todas as súas metas! Un paso máis a prol do galego!

hai un día

O usuario yolanda valorou a idea Fanzine cultural en galego

hai 3 días

O usuario kattanias valorou a idea Web das festas gastronómicas de Galicia

7 de maio ás 20:40

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza