GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Que é GalegoLab?

GalegoLab é unha nova forma de organizarse e de colaborar en proxectos que teñan por obxectivo a promoción da lingua galega. 

Cremos que:

  • Unha boa idea, ben presentada e ben traballada, pode chegar lonxe.
  • Entre moitos e moitas pode facerse posible o difícil.
  • Aínda que o debate é interesante, o prioritario é pasar á acción.

Consulta se queres máis información sobre a Asociación GalegoLab.

Que é o crowdsourcing?

O crowdsourcing é a organización de grupos informais de xente para conseguir obxectivos reais e concretos.

A wikipedia ou linux son exemplos coñecidos de crowdsourcing, onde moitos e moitas se teñen xuntado para cooperar na medida das súas posibilidades, e de xeito electrónico.

Que podo facer?

En GalegoLab podes facer cinco cousas principais:

  • Presentar ideas.
  • Transformar ideas en proxectos.
  • Axudar a mellorar ideas doutros/as.
  • Priorizar cos teus votos as propostas prioritarias.
  • Colaborar na realización de proxectos.

A regra do todo ou nada

Un principio básico de GalegoLab é que é necesario que un proxecto consiga todos os recursos necesarios antes de que os cartos (ou a furgo, ou o tempo) cambien de mans.

Por que?

  • É menos arriscado para todo o mundo.
  • Anima a xente a comprometerse, sabendo que se non vai adiante non perde nada.
  • Consegue que os cálculos de recursos sexan máis exactos, o que aforra cartos e paciencia.

Pode alguén sacar diñeiro para o seu beneficio propio?

GalegoLab baséase no voluntarismo, e tanto promotores/as de ideas como colaboradores/as botan unha man porque están interesados/as en promover a lingua galega, sen máis beneficio ca ese (que non é pouco).

Ora ben, hai recursos que só se poden conseguir con diñeiro, e para iso hai un sistema de pagamento.

Quen se ocupa de vixiar os cartos?

A responsabilidade dos cartos corre a cargo da persoa que promove o proxecto.

GalegoLab ocúpase de comprobar que os cartos e os demais recursos se empreguen no que se dixo que se ían empregar.

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os proxectos
  • Os recursos
  • Os cartos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza