GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Como podo colaborar cun proxecto en marcha?

Cando vexas unha proposta que che mole, podes achegar cartos ou outros produtos e servizos para que se leve a cabo.

Como funciona o dos recursos?

Todos os proxectos terán unha lista de necesidades e un prazo de tempo. As necesidades poden ser de diñeiro, de materiais, de servizos ou de colaboracións. por exemplo, un proxecto pode necesitar 120€, unha mañá dunha furgoneta, dúas persoas e a tradución dun texto de 5000 palabras.

Eses recursos terán que conseguirse nun determinado prazo, que nunca será maior de 90 días.

E se me equivoco cos cálculos e pido de máis ou de menos para o meu proxecto?

Cando botes a andar unha idea, unha persoa de GalegoLab porase en contacto contigo e axudarache a que planifiques ben os recursos do proxecto. Por iso non vai haber mal.

Que pasa cando se conseguen os recursos?

Cando se consegue o compromiso dos recursos dentro do prazo determinado, o promotor/a do proxecto recibe o diñeiro na súa conta, así como os demais recursos, e pon en práctica a actuación.

E se non se conseguen?

Pois daquela nada. Os cartos non chegan a mudar de mans, as furgos non se emprestan, e non pasa nada. Arquívase a iniciativa.

Quero conseguir fondos para a miña asociación. Iso vale?

Non. Para iso xa tes as rifas e o sorteo do leitón.

GalegoLab só promoverá proxectos cun fin concreto, e os recursos teñen que destinarse exclusivamente a esa actuación.

Como vai o do diñeiro? Vanse usar os cartos dun proxecto para outro proxecto?

Non, nunca. Endexamais. Todo o que ten que ver cos cartos ten a súa propia sección de axuda. Bótalle un ollo.

E como vai o das outras colaboracións?

Podes comprometer a túa axuda non monetaria premendo o botón correspondente no proxecto: a túa tradución, o teu coche, a túa tarde de domingo.

Para evitar esquecementos, ímosche pedir o nome e o teléfono, ademais do correo electrónico. Eses datos persoais non serán públicos se non queres, pero o promotor/a do proxecto si que terá acceso a eles.

Como podo convencer a xente de que achegue o que necesito?

GalegoLab pon á túa disposición un espazo para que vendas a túa idea. Tenta ser o máis creativo/a posible, tanto ao pensala como ao comunicala. Usa texto, fotos, vídeos e todo o que teñas a man. E poderás compartilo en Twitter e en Facebook, ou usar un widget para poñer na túa web ou blog.

Tamén axuda que penses proxectos viables e que necesiten poucos recursos.

E se non se leva a cabo o proxecto, que pasa co que me comprometín a facer?

Se non se chegan a recadar os recursos en tempo, recibirás un correo (ou unha chamada) dicíndoche que xa non fai falla que fagas nada.

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os proxectos
  • Os recursos
  • Os cartos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza