Ao ser o/a responsable dun proxecto tes un sistema para levar conta del, que inclúe:
Esta información só a verás ti.

Poderanse facer algúns trocos nos proxectos unha vez que estean recadando fondos, pero deberán ser pequenos e de carácter loxístico, que non afecten ao espírito ou método do proxecto.
Se se producisen trocos de importancia, GalegoLab podería cancelar o proxecto.
Si. Pode cancelarse un proxecto cando non se conseguen os cartos a tempo, ou cando o promotor/a queira. No caso de cancelación, anúlase inmediatamente o compromiso de cartos e a xente que os destinou para este proxecto non os investirá.

Non. O proxecto gárdase na web de GalegoLab como proxecto que non foi adiante. Facémolo así por transparencia e para que os/as demais poidan aprender desta experiencia para mellorar as súas propostas.

Recibirás un correo.
Ademais, nesta web iremos publicando reportaxes sobre a execución dos proxectos, onde se dará a información necesaria para que quen queira poida reaproveitar o proxecto e aplicalo noutro lugar ou noutra circunstancia.

Todas as persoas que participan no proxecto son responsables da súa parte, como individuos que actúa coordinados entre si. A persoa que xestiona o proxecto non se fai responsable máis ca do seu labor de coordinación e da parte que achegue individualmente (incuída a recollida de cartos, se a hai), e en ningún caso do que fagan ou desfagan as demais persoas participantes.
Os proxectos, e as ideas, mellóranse a través de preguntas. Calquera usuario/a pode facer preguntas sobre a proposta co obxectivo de mellorar a súa descrición ou implementación. Estas melloras teñen forma de pregunta e resposta porque se busca axilidade e pragmatismo. GalegoLab non é un foro.