GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Como vai o do diñeiro?

Podes dar diñeiro premendo nun botón no proxecto: ti indicas a cantidade que queres dar, e os datos da tarxeta bancaria coa que os queres pagar.

As doazóns poden ser públicas ou anónimas.

Que sistema se usa para os pagamentos?

Para os pagamentos usarase o sistema PayPal, que permite transaccións completamente seguras (VeriSign Identity Protection)VeriSign Identity Protection.

Os e as doadoras necesitan unha tarxeta de crédito, nada máis.

Os e as promotoras do proxecto necesitan abrir unha conta de PayPal, configurada para que as transaccións só se produzan ao final do proxecto e só se todos os recursos necesarios están dispoñibles.

E cando me quitan os cartos?

Só se quitan os cartos da conta se se conseguen todos os recursos necesarios para a execución do proxecto, dentro do prazo establecido. Se non se conseguen todos, nunca se chegan a sacar os cartos.

Vanse usar os cartos dun proxecto para outro proxecto?

Non, nunca.

Cóbranme diñeiro extra?

O sistema de pagamento, Paypal, leva unha pequena comisión (4%) para cubrir os gastos das transaccións, que se lle cobran a quen promove o proxecto. É dicir, se se necesitan 100€ para imprimir uns pósters, o orzamento ten que ser de 104€.

Á persoa que doa cartos non se lle cobra nada por facer esa doazón.

Podo poñer cartos meus para o meu propio proxecto?

Podes, pero é un pouco absurdo. Se vas poñer cartos é mellor que o digas ao comezo na descrición que recursos que ti achegas ao proxecto. Iso tamén axuda a avaliar a viabilidade da proposta.

Podo pagar de máis?

Non. En canto se chegue á cantidade necesaria non se poderán facer máis pagamentos. E se se piden 20 e ti queres poñer 25, o sistema non che vai deixar.

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os proxectos
  • Os recursos
  • Os cartos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza