As ideas teñen que ser viables e estar dirixidas á promoción do galego de forma real e positiva.
Animamos a que a xente sexa creativa e idee proxectos novos e orixinais.

GalegoLab non apoiará ideas que non teñan que ver coa promoción efectiva da lingua galega.
Desaconséllase especificamente a proposta de actos de protesta e manifestacións: xa existen diversas organizacións que realizan a súa función nese campo, e o obxectivo de GalegoLab é a acción positiva.

Sería aconsellable. Sempre gusta conseguir que se faga realidade unha idea propia.
Pero tamén sabemos que non sempre pode ser así. Por iso existe a posibilidade de propoñer unha idea e que sexa outra persoa quen se encargue de coordinar o proceso de execución. Son o que chamamos as ideas orfas.

Ao ser o/a responsable dun proxecto tes un sistema para levar conta del, que inclúe:
Esta información só a verás ti.

Cando unha idea non acada o respaldo da comunidade no prazo establecido de 1 mes, cancélase e arquívase.
Cando o/a promotor/a da idea decide desmarcarse da idea porque de pronto non pode levala a cabo, pasa á bolsa de ideas orfas, esperando que alguén se faga cargo dela.

Para que unha idea pase á fase de proxectos ten que ter un certo respaldo da comunidade, e ademais ser aprobada pola asociación GalegoLab.
En xeral, a asociación GalegoLab seguirá o que diga a comunidade, porque é a comunidade quen a fará viable ou non. Pero a asociación garda para si o dereito de non apoiar ideas que non entren dentro do espírito da web ou que non se vexan viables logo da fase de desenvolvemento, e tamén a darlle unha segunda oportunidade a proxectos que considere de vital importancia para o desenvolvemento do galego e que non fosen debidamente apoiados pola comunidade.

De quen as propón. Que poñas parte dos cartos ou dos recursos non che dá máis dereito có de ver que os proxectos que ti apoias se fan realidade.
Consulta a páxina de licenzas para saber máis.

Se hai unha idea boa que triunfa nun lugar ou nunhas circunstancias, sería xenial que outras persoas a copiasen e a axeitasen ás súas propias situacións. Dende GalegoLab alentamos compartir, adaptar e mellorar as ideas dos demais.

Se alguén consegue transformar unha idea testada pola comunidade de GalegoLab nun proxecto profesional sustentable, benvido/a sexa. El/ela beneficiarase, pero a lingua galega beneficiarase moito máis, e diso é do que se trata.

As ideas, e os proxectos, mellóranse a través de preguntas. Calquera usuario/a pode facer preguntas sobre a proposta co obxectivo de mellorar a súa descrición ou implementación. Estas melloras teñen forma de pregunta e resposta porque se busca axilidade e pragmatismo. GalegoLab non é un foro.
O teu obxectivo é que a túa idea ou o teu proxecto vaian adiante. Cantos máis recursos visuais engadas á descrición, máis atractivo parecerá. O vídeo é un bo sistema de explicar o que buscas, e moi viral.
As imaxes e vídeos que subas teñen que ser túas, é dicir, tes que ter permiso para a súa publicación ou ver estaren no dominio público. Lembra que a licenza desta web é Creative Commons - Compartir Igual - Con Atribución. Non podes, polo tanto, publicar material con copyright doutros. Se queres publicar material con copyright teu, por favor, ponte en contacto connosco para acordar a licenza.