GalegoLab

GalegoLab
  • Acceder |
  • Rexístrate |
  • Faite socio/a |
  • Axuda |
  • Tenda |
  • Contacto |
  • English
  • Portada
  • Isto que é?
  • Explora
  • Tes unha idea?

Quen está detrás da web?

A dona da web é a Asociación GalegoLab. A idea da web e da súa construción foi cousa da Navalla suíza, que tamén se encarga do seu mantemento.

Quen son os socios/as de GalegoLab?

GalegoLab é un colectivo constituído baixo a forma xurídica de asociación cultural que ten como obxectivo de sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e aficións en defensa do idioma galego, especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade.

É unha iniciativa que non compite coas xa existentes en defensa do galego, senón que as complementa (e mesmo lle ofrece os seus servizos), e pretende configurarse como unha ferramenta permanente de difusión do idioma.

Entre os seus socios e socias hainos de distintos equipos de fútbol, distintas ideoloxías, distintas idades e distintos gustos gastronómicos, pero todos coinciden no seu interese por promover a lingua galega.

Como podo facerme socio/a de GalegoLab?

Tes todas as instrucións na sección de como facerte socio/a da Asociación GalegoLab.

Que tallada levan?

Ningunha. O mantemento desta web e as persoas encargadas de axudar na execución e na diseminación dos resultados págaos directamente a Asociación cos seus recursos. Ese é o único fin da Asociación.

Cal é o seu obxectivo?

Que isto saia ben.

Por que GalegoLab promove ideas e proxectos?

Durante a fase de lanzamento da web, GalegoLab quere animar a participación cunha pequena cantidade de ideas e proxectos xa en funcionamento. Pero o obxectivo é que este peso inicial se reduza e GalegoLab se dedique ao mantemento, coidado e atención das ideas dos demais.

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os proxectos
  • Os recursos
  • Os cartos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar

Axuda

  • Para empezar
  • As ideas
  • Os recursos
  • Os proxectos
  • A privacidade
  • A asociación GalegoLab
  • Contactar
  • Os cartos

Queres saber máis?

  • Que é isto?
  • Contacto
  • Colofón
  • Aviso legal
  • English
  • Código
  • Licenza

Todas as ideas e os proxectos

  • Ideas
  • Ideas orfas
  • Ideas que non foron adiante
  • Proxectos
  • Proxectos que non foron adiante
  • Proxectos realizados
A navalla suíza